Festival serio con alma gamberra en Vigo

Juan de Castro, director do Festival de Cine Freaky e Fantástico, onte no Videodromo.
photo_camera Juan de Castro, director do Festival de Cine Freaky e Fantástico, onte no Videodromo.
Galician Freaky Film Festival comeza na Praza E cunha proposta moi seria envolta nun ambiente distentido que reivindica el frikismo como estilo estético e filosofía creativa. Cumpre sete edicións e faino cunha sección oficial na que compiten 45 curtas

Ambientado este ano na atmosfera de “Akira”, a obra cumio de Katsuhiro Ôtomo, volve o Galician Freaky Film Festival. Hoxe comezan catro días de activades paralelas pola mañá e de proxeccións da sección oficial pola tarde nos cinema Támberlick, Praza E. Non faltará nada, dende o máis chamativo, unha feira de artigos anime con téxtil, alimentación e artesanía ata a exposición por primeira vez en Galicia da réplica a tamaño real da moto de Kaneda.

O humor máis gamberro tamén está presente en “Neo-Vigo”, unha mostra de fanzine con once historietas ambientas nesta cidade. Aínda que non será o único chiscadela a Vigo: o venres a Sesión Onanista proxectarán un filme sorpresa moi bizarro “que todo vigués friki non se pode perder”, tal e como apunta o director do festival, Juan de Castro.

 

 

“Temos moita gana de arrancar levamos moitos meses preparándoo e queremos amosalo e que a xente desfrute coa programación”. O que semellaba unha idea peregrina consolidouse como unha cita co cinema de xénero que xa vai pola súa sétima edición. Para De Castro o segredo do éxito está na combinación de fondo e forma. “Nós favorecemos o carácter do festival e animamos á xente a que berre á pantalla, a facer o vándalo e o gamberro, pero ao mesmo tempo traballamos ao máximo nivel na calidade das proxeccións, no tratamento aos invitados e na comunicación. Esa combinación aporta un estilo moi particular, non apto para tódolos públicos, mais que asegura unhas pelis abraiantes, que nos fai defendibles diante de calquera festival”.

 “Humor freak”, “Alimento para o maxín”, “Que carallo é isto?”, “Outros mundos”, “Arrepíos” o “Co cu torcido” son as seccións nas que competirán 45 curtas, cunha importante presenza galega. “Sempre tentamos ter pezas de aquí, non por cubrir un cupo, senón porque queremos que estean aí por dereito propio, nunca existiu unha sección galega, non se trata de facer un gueto, compiten coas demais”.

Un festival tolo, cheo de fantasía e de serie B, cunha microcosmos creado na sala Apóstrophe, á carón das salas de proxección, pero sobre todo é unha proposta diferente e única en Galicia. “Defendemos a morte a noso programación oficial, son resultado de peneirar entre máis de 2.000 cintas e con máis de 30 estreas en Galicia, traballos que nunca se viron”, quere sinalar o seu director.

A calidade da carteleira queda avalada coa resposta do público, xa que un día antes da inauguración apenas quedaban localidades. “Outra cousa que nos diferencia é que as nosas películas se ven en pantalla de cine. Os festivais acostuman a ser en auditorios ou en cortellos, nós xurdimos nun supermercado que reconvertíamos no noso videodrome, pero agora temos  a oportunidade de ver ‘Akira’ en pantalla grande e hai poucas ocasións para facelo”.

Como bo festival que se prece ten actividades paralelas con debates como Café con Crea (Asociación galega de profesionais da dirección e realización) ou Mesas Cadrados onde se abordarán temas como as escolas de banda deseñada nas Rías Baixas ou as voces galegas do anime. Pero tamén charlas como a de Jordi Pastor quen analizará o paso do manga ao anime. Gravacións de podcast ou poxas benéficas completan unha programación co cinema fantástico e algo friki como leitmotiv.

Te puede interesar