A festa de Axuda no Fogar reuniu a 300 asistentes

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, participou onte na festa que anualmente celebran os usuarios do Servizo de Axuda no Fogar, que nesta ocasión reuniu no museo Verbum a máis de 300 persoas.
Na súa intervención, a concelleira nacionalista defendeu os servizos sociais de calidade, especialmente os que se destinan a persoas maiores, dependentes e con mobilidade reducida. María Méndez salientou que as festas de verán e Nadal son as ‘mellores ocasións’ para potenciar a interrelación entre os usuarios e usuarias do servizo, polo que os animou a gozar coas actuacións previstas. En concreto, os espectáculos musicais da cita de hoxe correron a cargo do grupo de pandereiteiras Lumieiras e o grupo de baile do Centro Cultural de Beade. A concelleira de Benestar Social asegurou que é preciso ‘devolver ás persoas maiores o esforzo e traballo que fixeron ao longo da súa vida’. O Servizo de Axuda no Fogar é un programa individualizado de carácer preventivo para as persoas que non se poden desenvolver por si mesmas. O seu obxectivo central é aumentar a autonomía destas persoas a través da axuda para realizar as tarefas do fogar, a limpeza, os hábitos saudables e o fomento das relacións sociais.

Te puede interesar