VIGO

Expertos na xestión de residuos metálicos e claves para a reciclaxe

Traballadores de Import-Export Martínez Souto xestionando residuos
photo_camera Traballadores de Import-Export Martínez Souto xestionando residuos
Import-Export Martínez Souto é unha empresa que acumula 20 anos de historia, sendo exemplo na xestión de residuos metálicos e actor clave na economía circular. Radicados inicialmente en As Neves, dende fai dous anos esta chatarrería conta coas súas instalacións en Porriño, onde non deixaron de traballar ao longo de todo o estado de alarma. “A empresa foi creada no ano 1.999 como unha compañía especializada na compra-venda de metal. Esta situación afectounos como a todos, pero mantivemos o servizo a empresas dos sectores esenciais, traballando a bo ritmo”, afirma Vanesa Boente, responsable de administración en Import-Export Martínez Souto. 
A atención a particulares que puidesen querer desfacerse de chatarra quedou parada ata que se flexibilizou o estado de alarma. “Cando peor vai a situación económica a xente aproveita para recoller chatarra, pero hai que desterrar a idea equivocada que existe coa economía somerxida”, recoñece Boente. Deste esta empresa admiten que hai máis control sobre a chatarra do que a xente pode pensar, contando cun réxime fiscal maís estricto e tendo un número elevado de instección, facendo o control medioambiental de cada mercancía ou tendo que rexistrar as achegas de cobre na plataforma habilitada pola Garda Civil. “Hai moitos trámites burocráticos e unha concepción moi equivocada na sociedade. Ademais pásase por alto o noso papel básico para a economía circular, dando unha nova vida a estes materiais metálicos que recibimos, rexenerándoos e facéndoo en prol da sostenibilidade”, engaden.

Te puede interesar