vigo

Expertos vigueses disertan das artes marciais na Idade Media

O vigués Ricardo Soto, con dous compañeiros de Falcata, onte en Santiago.
photo_camera O vigués Ricardo Soto, con dous compañeiros de Falcata, onte en Santiago.

 A Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares organizou onte un seminario sobre “Armas de Roma e a Idade Media. Tipoloxía, biomecánica e técnicas de combate”, que se desenvolveu no Paraninfo da Facultade de Historia da Universidade de Santiago.

Participaron integrantes do Club Falcata de Artes Marciais Históricas Europeas de Vigo, que dirixe Ricardo Soto, doutor en Educación Física e Deportes. Explicou que levan anos buscando a parte máis científica e histórica das artes marciais, a través do estudo de tratados antigos. Na súa ponencia, Soto sinalou que “as artes marciais históricas europeas son bastante descoñecidas”. Afirmou que “na Idade Media europea os sistemas marciais estaban, alomenos, igual de desenvoltos que en Oriente ou que en calquera outro lugar do mundo”. Asemade responsabilizou ao cine da idea errónea de que as artes marciais se limitan a Oriente, xa que na da Idade Media, apuntou, os señores feudais tiñan unha preocupación especial pola preparación das súas tropas.n

Te puede interesar