YOLANDA DÍAZ, Cabeza de lista En Común Unidas Podemos por la provincia

“Para evitar un goberno de Sánchez con Rivera hai que darlle un peso forte a Unidas Podemos”

Yolanda Díaz ten sobre a mesa unha axenda galega con 50 medidas urxentes.
photo_camera Yolanda Díaz ten sobre a mesa unha axenda galega con 50 medidas urxentes.

Yolanda Díaz (Fene, 1971) afronta o derradeiro tramo da campaña con optimismo e ganas de convencer, sobre todo aos máis novos, de que En Común Unidas Podemos é a forza que mellor os representa.
 

Que vai facer neste tramo final de campaña?
Hai un montón de persoas que non teñen decidido a quen van votar e quero facer un chamamento, sobre todo á xente nova, aos pensionistas e ás mulleres, para que o domingo vaian votar, porque nos xogamos a regresión no noso país e porque a garantía de evitar un goberno de Pedro Sánchez con Albert Rivera está en darlle un peso forte a Unidas Podemos.  

Como está vendo a campaña?
Ten características moi especiais porque hai moito balbordo, pero non se dan respostas aos problemas que ten a cidadanía e que son os mesmos que antes da crise. O énfase que estamos poñendo en Unidas Podemos é dar respostas aos problemas da xente que fundamentalmente son tres, o principal chámase paro, en segundo lugar cuestións de índole económica con rescates bancarios que non se devolven ou inxustiza fiscal e a corrupción. Estas son as preocupacións reais da xente e temos que dar alternativas. Chama a atención que o Partido Socialista fai propostas ambiguas, non concreta, e obvia temas de enorme relevancia para a xente do común. Particularmente que se derogue a reforma laboral, que desapareceu do seu programa, ou a eliminación do factor de sostibilidade nas pensións. Fago un chamado porque o cambio pode ser real. Xa arrincamos do Partido Socialista a negociación histórica do salario mínimo interprofesional, dos permisos parentais obligatorios e intransferibles ou a recuperación do subsidio de desemprego que foi das grandes cousas que arrincou Unidas Podemos do PSOE.

Cómo analiza o debate?
Primeiro o acerto de que se puido celebrar na radio televisión pública, e menos mal que rectificou o PSOE. En segundo lugar vin un PP derrotado despois de terse abrazado ao relato de Vox. Saíu KO do primeiro debate; e un Albert Rivera efectista, teatral e agarrado tamén aos que de verdade mandan. Dúas características claves foron a indefinición de Pedro Sánchez de non falar de ningunha medida concreta para a sociedade española, non nos dixo que vai facer en materia tributaria, contra a precariedade laboral ou que vai facer para os poderes das eléctricas. A maior inconcreción foi a triple pregunta que lle formulou Pablo Iglesias: si vai gobernar con Ciudadanos ou non. Así que fago un chamado á xente para que vote En Común Unidas Podemos, porque somos quen podemos facer virar esta posibilidade de facer vicepresidente de Pedro Sánchez a Albert Rivera. Con humildade creo quePablo Iglesias ofreceu unha imaxe solvente, templada e dando unha lección aos chamados constitucionalistas que quedaron espidos cando se están vulnerando dereitos constitucionais.

As enquisas non dan un resultado claro para Unidas Podemos.
Se ve que estamos crecendo e todo está aberto porque o nivel de indecisión é moi elevado. A xente vai adiar a súa toma de decisión ao domingo. É importante que derrotemos a quenes nos queren levar á longa noite de pedra, pero ten que ser cunha saída forte e que non teña que ver cós desexos dos que mandan sen presentarse ás eleccións, que están pulando por un goberno do Ibex35 con dúas cabezas, unha de Pedro Sánchez e outra de Albert Rivera.

Se son chave, que será ineludible para Galicia?
Son moitísimas cousas. As necesidades teñen que ver co que fixemos nestes anos de traballo, que por primeira vez colocamos a axenda galega do cambio no Congreso dos Deputados. Pasa dende rescatar Alcoa, Poligal ou as traballadoras de telemarketing en Vigo, pero tamén por leis antideslocalizacións que están afectando á provincia de Pontevedra pola fronteira con Portugal. Conexións ferroviarias ou darlle pulo a Vigo nesa autopista do mar con Nantes, pero tamén podemos falar da AP-9, que seña galega e transferida, queremos rescatala para deixar de ser unha estafa para os galegos. A axenda galega do cambio son cincuenta medidas urxentes.

Case o único ataque que escoitei nesta campaña foi que lle chamaron paracaidista.
Non contesto a cousas que non teñen trascendencia. Estou moi orgullosa do recoñecemento que se fixo do noso traballo. Son candidata galega e o meu traballo ven avalado non so polo número de iniciativas que teño abordado. O traballo está feito e se pode cotexar.

Te puede interesar