Día das Letras Galegas

Entrega dun texto inédito de Fernández del Riego

Foto dos asistentes ao acto cos nenos do CEIP Valle-Inclán e o texto inédito de Francisco Fernández del Riego.
photo_camera Foto dos asistentes ao acto cos nenos do CEIP Valle-Inclán e o texto inédito de Francisco Fernández del Riego.

O CEIP Valle-Inclán celebrou onte o Día das Letras Galegas cun acto moi especial: os alumnos de 6º de Primaria fixeron entrega ao Museo do Mar dun texto inédito de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano pola RAG, editado polo propio centro e titulado “Galicia e o Mar”. 

Este pequeno evento contou coa amenización a través música tradicional galega por parte do grupo musical do Centro Ocupacional Igualarte, que actuou xusto antes de que o alumnado de 6º de Primaria deste centro presentara aos asistentes, entre os que estaban o concelleiro de Educación Gorka Gómez, o delegado territorial de Educación César Pérez Ares ou familiares de del Riego, este texto inédito a través dun vídeo preparado para a ocasión. Ao finalizar o acto, cada un recibiu o libro editado polo centro.

 

Te puede interesar