Educación en igualdade e o pensamento feminista, na oferta da Escola María Vinyals

Carmela Silva e as participantes na Escola María Vinyals.
photo_camera Carmela Silva e as participantes na Escola María Vinyals.

A presidenta provincial, Carmela Silva, acompañada das promotoras da Canteira de Igualdade, Priscila Retamozo, Mercedes Chis Oliveira, Amada Traba e Luisa Abad, presentou onte as iniciativas coas que a Deputación, subliñou, “segue a poñer a igualdade no centro de todas as súas políticas como a máxima prioridade; seguramente esta administración provincial sexa unha das principais do Estado que máis discurso ofrece para loitar contra a desigualdade”. 

Así, dentro da Escola María Vinyals da Deputación desenvolveranse unha nova andaina da “Canteira de Igualdade” e a segunda edición do curso en liña coordinado por Rosa Cobo sobre os “Debates teóricos e a Axenda Política Feminista”.

O programa contempla, ao igual que na súa anterior edición, dúas fases, a primeira de formación en institutos co desenvolvemento de oito obradoiros ata decembro, dirixidos ao alumnado que seleccione cada centro participante. Serán o xerme do curso gratuíto para a mocidade que se desenvolverá desde o 28 de xaneiro ata finais de abril do 2023 na sede da Deputación en Vigo, para seguir a formar axentes do cambio feministas, con 50 horas de formación teórica e práctica durante as mañás dos sábados, das que 10 serán de traballo persoal. Abordarán dende as distintas formas de discriminación ás mulleres ata o papel das novas tecnoloxías.

Por outra banda, o curso en liña “Debates teóricos e Axenda Política Feminista” arrancará o vindeiro 13 de outubro e desenvolverase os xoves (de 19 a 21 horas) ata o 1 de decembro de novo baixo a coordinación de Rosa Cobo. Serán oito sesións a través da plataforma Zoom que ofrecerán nove mulleres referentes (Beatriz Ranea,  Lydia Delicado, Laura Nuño, María Luisa Balaguer, Mar Esquembre,Carmen Castro, Luisa Pousada Kubissa e Rosa Cobo).

Te puede interesar