Don Paco, alma dun novo routeiro

Don Paco xustifica un routeiro que comeza na Fundación Penzol e finaliza do seu derradeiro enderezo na Alameda.
photo_camera Don Paco xustifica un routeiro que comeza na Fundación Penzol e finaliza do seu derradeiro enderezo na Alameda.
Vigo Turístico recupera o papel da cidade no activismo cultural dos anos 50 co gallo das Letras Galegas

“Sempre me chamou a atención a cantidade de placas conmemorativas que hai nos edificios do centro lembrando a persoeiros que foron fundamentais no galeguismo cultural, coa adicación das Letras Galegas a Don Paco era o momento de recuperar esta memoria”. Borja Concheiro, guía profesional, está detrás de “Vigo turístico”, proxecto que naceu durante a pandemia no que converte aos locais como os principais destinatarios dos routeiros culturais.

Francisco Fernández del Riego é a alma da nova proposta, que se inicia con tres datas (13, 17 e 21 de maio) e pon en relación ao protagonista das Letras, aos seus contemporáneos vencellados ás rúas viguesas e á propia cidade: “Vigo foi o motor cultural do galeguismo nos anos 50, unha faceta descoñecida polo público en xeral”. Para o deseño deste percorrido conta coa colaboración de Alfonso Álvarez Canella (fillo de Alfonso Álvarez Gándara, neto de Darío Álvarez Blázquez e sobriño neto de Xosé María Álvarez Blázquez). “Dende pequeno foi testemuña de iniciativas sinaladas onde se daban cita os protagonistas da historia galega”.

Será un percorrido de dúas horas co saída dende a Fundación Penzol, na Praza da Princesa e pasará por localizacións chegas de anécdotas como Eligio, onde Don Paco acompañou a Seoane nunha reunión clandestina para falar de Moscova; El Mosquito, lugar de degustación do seu manxar preferido, as centolas, ou o Marco, antiga cadea onde moitos amigos estiveron presos. Pero tamén inclúe eidos emblemáticos como o do nacemento de Galaxia, na rúa Reconquista, a primeira ubicación da Penzol na casa Bárcena; a imprenta de Juan Compañel, na rúa Real, pola influencia de Rosalía de Castro e “Cantares gallegos” que lle levou a fixar en maio o Día das Letras Galegas. La Concatedral y la Praza da Pedra, suposto lugar de inspiración de trobadores, xustifican a súa presenza pola importancia que tivo a lírica medieval no estudo de Don Paco; amais de enlazar con Martín Códax, homenaxeado das Artes galegas. 

 Con todo, este routeiro é tamén o descubrimento das placas que locen na cidade e sinalan os inmobles onde moraron ou traballaron personaxes como Celso Emilio Ferreiro (Urzaiz) ou o edificio Sansón (Policarpo Sanz), onde coincidiron Paz Andrade e Antón Beiras, autor do primeiro artigo científico en galego.  Gómez Román, Cunqueiro ou Álvarez Blázquez formarán parte deste percorrido, que segundo Concheiro, “pretende sacar do esquecemento a cultura local”. Para a súa elaboración contou co asesoramento de Xesús Alonso Montero ou Malores Villanueva.

Te puede interesar