O diálogo entre a Casa das Artes e o Kiosco Alfonso fixo “A breve verba”

A Casa das Artes acolle dende hoxe e ata o 23 de xaneiro a exposición ‘A breve verba’, froito do traballo conxunto entre as concellerías de Cultura de Vigo e A Coruña, segundo explicou onte o concelleiro Xesus López.
Nesta mosta de arte contemporánea, comisariada por David Barro, poderanse ver 58 obras dos artistas galegos Almudena Fernández Fariña, Bosco Caride, Tatiana Medal e Xurxo Gómez-Chao. ‘As concellerías de Cultura de Vigo e A Coruña queremos manifestar o orgullo de traballar xuntas, de contemplar o diálogo creativo, entre a Casa das Artes e o Kiosco Alfonso’, destacou López. Para o concelleiro, esta colaboración é o comezo do que debe ser unha práctica sistemática que consiste en poñer espazos e contidos ‘cara a cara’, para fomentar o traballo en rede. Segundo o nacionalista, este proxecto expositivo ten un valor especial ‘pola riqueza múltiple que ofrecerá ao público visitante’, así como polo diálogo dos creadores cos espazos, e colaboración como ‘ruta natural’ entre o sur e o norte.

Te puede interesar