VIGO

O Día das Letras Galegas levará poetas galegos a Nova York

El Día das Letras Galegas dende Galicia e Nova York presentouse onte a través dunha vídeoconferencia.
photo_camera El Día das Letras Galegas dende Galicia e Nova York presentouse onte a través dunha vídeoconferencia.
Nove artistas homenaxearán a Carbalho Calero dende as redes unirán as dúas beiras do Atlántico o 17 de maio

nnn Dous vigueses, Marcos de la Fuente y Vanesa Álvarez, están detrás da homenaxe internacional que este ano recibirá Carbalho Calero, autor a quen se lle adica o Día das Letras Galegas. Ideado en medio do confinamento do coronavirus, ´polos directores do festival Kerouac, o acto reunirá a nove artistas que participarán nun festival dende ambas beiras do Atlántico: Dende Nova York, onde viven, entrarán a pianista  Isabel Pérez Dobarro; o poeta e quen foi responsable do centro cultural galego de Queens , Manuel Mayo; o pianista Yago Vázquez e a poeta María Medin Doce.
   Dende Galiciase sumarán Chisco Naval, con obra publicada na editorial neoyorquina Artepoética Press; Malvares de Moscoso, Francisco Castro e Fátima Delgado, vencellados a algunha das edicións do festival Kerouac en Nova York. A cita será ás 18 horas, o 17 de maio, a través da plataforma Zoom, emitido por Facebook live e disponible posteriormente en Youtube. Durante 90 minutos recitaranse poemas de Carbalho Calero, pero tamén composicións propias dos escritores participantes e dous pezas musicais inspiradas no homenaxeado.
   “Cando se cancelou a quinta edición do Kerouac en Nova York quedamos coa espiña de non ter levado este ano o galego á Nova York”, afirmou Vanesa Álvarez, que dende a Gran Manzana, codirixe o festival. Repiten a experiencia posta en marcha polo Día do Libro, no que convocaron a autores de ambos lados para recitar a García Lorca.“Os eventos culturais deben seguir e as plataformas dixitais poden ser unha solución, na conexión do Día do Libro conseguimos máis de 4.000 plays, seguimos a construir pontes”, apuntou De la Fuente.

Kerouac en Vigo cumpre dez entre a presenza física e os actos dixitais 

O coronavirus obrigou ao festival Kerouac a cancelar a quinta edición prevista para abril en Nova York. En outubro tócalle a Vigo, edición que cumprirá dez anos. “Nestos momentos estamos pensando moito en Galicia e estamos tentando ofrecer un híbrido para conmemorar a décima edición, unha mestura entre dixital e algún acto físico porque todos estamos necesitados do contacto e dun abrazo”, expricou Vanesa Álvarez, onte dende Nova York. 
   O festival Kerouac funcionou dende a súa orixe unha ponte entre as dúas beiras do Atlántico .Contan co apoio da Xunta de Galicia, que comprometeu a súa implicación na vindeira convocatoria: “Parecía unha idea algo peregrina cando o propuxeron, pero agora é unha cita consolidada”, apuntou Valentín García, secretario de Política Lingüística.
   Afirmou que dende a administración autonómica apoia a actividade cultural que se aproveitan das novas tecnoloxías: “Están servindo para sortear as dificultades, hai que conseguir que o público se acostume a pagar por los contidos culturais en redes”.

Te puede interesar