vigo

Dez toneladas de cabazo en 15 receitas doces e salgadas

Ao carón, os cociñeiros non deixaron de remexer o pisto, relevándose na tarefa.
photo_camera Ao carón, os cociñeiros non deixaron de remexer o pisto, relevándose na tarefa.
A asociación cultural O Coto cumpríu un ano máis coa súa cita de cada tercer domingo de novembro en Cabral
nnn Xa van 33 edicións da Festa do Cabazo no colexio Carballal, de Cabral. Perto de 300 persoas, entre voluntarios e asociados de O Coto, levan semanas preparando as receitas cun ingrediente fundamental, o cabazo. “Comezamos en 1984 porque queríamos recuperar un cultivo tradicional que estaba a desaparecer, non lle daban mérito; agora xa se poden atopar nas froiterías”, apunta Juan Manuel Nogueira, presidente de O Coto, que é a primeira de tres xeracións da súa familia implicadas no evento.
A lo menos servíronse ata quince receitas de doces e tamén de salgado, cociñadas con dez toneladas de cabazo, con prezos entre os 5 euros e os cincuenta céntimos. Entre fogóns, Nogueira bota unha man aos que remexen o pisto en relevos sen parar dende ás seis da mañá, á mesma hora en que se puxo ao lume o caldo: “O primeiro que se fan son as bolsas co recheo do cabazo, teñen catro kilos e para cada unha precísanse entre catro e cinco pezas, levan escorrentando dende o mércores para se poder cociñar”.
As máis populares son as chulas, xa que co caldo e co pisto, é o xeito tradicional de consumir a cabaza. Cos anos foron engadíndose outros productos como as pequenas roscas ‘sopaipillas’, de orixe chilena; a repostería con cabelo de anxo, magdalenas, empanada, pan, flan, galletas ou sobaos. Amáis a asociación preparou 20 litros de licor de cabaza que vende a 4 euros a botella e un, o chupito.
Co traballo voluntario dos implicados e a doazón de miles de cabazas fan posible unha festa que custa á asociación máis de 7.500 euros, entre ingredentes, a carpa e outros gastos engadidos.
O fiscal de Coruña, Luis Anguita (Madrid, 1961), exerceu de pregoeiro. Autor de cinco novelas e coñecedor da gastronomía da terra, Anguita deu o seu discurso en galego, pedindo excusas previas polos posibles erros ao non se expresar na súa lingua nai: “A palabra rendición non existe para os integrantes de O Coto, no seu ADN está a loita e o sacrificio; o seu soño convertéuse en realidade e o tercer domingo de novembro, o cabazo é o protagonista”.
O peche da inauguración da festa correu a cargo do alcalde Abel Caballero, quen aceptou a invitación da organización de incluir á Festa do Cabazo na programación do Nadal, xa que a chula é a sobremesa tradicional da época: “Será a previa da previa, que é ‘Frozen’, do encendido das luces”, apuntou o rexedor, quen propuxo levar o ano que ven decoración navideña que ambiente a festa  no Carballal: “Ásí o mundo verá que en Vigo temos terra alta, terra media e terra baixa”.  
A festa prolongouse ao longo de todo o día con actuacións folclóricas, degustacións e unha pequena mostra de artesanía.n

Te puede interesar