A Deputación lanza solucións para mellorar os servizos públicos

O acto celebrouse na sede de Vigo da Deputación, con Carmela Silva.
photo_camera O acto celebrouse na sede de Vigo da Deputación, con Carmela Silva.

A sede de Vigo da Deputación vén de acoller a presentación de resultados de Depoinnova, o programa que a institución provincial puxo en marcha o pasado  xullo co obxectivo de  incorporar solucións innovadoras e de vangarda para mellorar dos servizos públicos da propia Administración e dos concellos da provincia e dar resposta a retos “que xa non son de futuro, senón de presente”, como asegurou a presidenta Carmela Silva. Así, puxéronse sobre a mesa 6 retos con “obxectivos ambiciosos pera alcanzables: a dixitalización do ciclo da auga, a xestión de residuos e economía circular, a xestión integral de infraestruturas provinciais, a transformación dixital da administración pública provincial, os programas sociais e de emprego e o Museo de Pontevedra”.

A resposta do tecido produtivo foi “moi satisfactoria”. Recibíronse un total de 72 propostas innovadoras de 42 empresas galegas e do Estado, coas que o persoal técnico da Deputación traballou ao longo dos últimos meses. Delas seleccionáronse 23 coas que a institución provincial elaborou e deseñou a proposta para presentar á convocatoria de Compra Pública de Innovación que o Ministerio de Ciencia e Innovación abrirá no mes de setembro para propostas de máis de 5 millóns de euros.  “Isto demostra que estamos á vangarda e que temos empresas innovadoras con xente talentosa e con moito coñecemento, así como universidades, que tamén participaron neste proxecto”, subliñou a presidenta.

En concreto, a Deputación recibiu propostas para os seis retos formulados, que xa levaron á presentación dun proxecto ao Perte de dixitalización do ciclo da auga que, “cun orzamento de 11 millóns de euros, busca a dixitalización dos 23 concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes –explicou Carmela Silva-. Ademais, proximamente abrirase unha segunda convocatoria deste Perte, ao que queremos presentar un segundo proxecto, neste caso para o resto de concellos de menos de 50.000 habitantes”. No que respecta aos outros cinco retos que se puxeron sobre a mesa, “analizando as propostas recibidas fomos conscientes de que temos que profundar nalgún, polo que abriremos unha segunda Consulta Preliminar ao Mercado co obxectivo de ser capaces de responder a cuestións que son fundamentais e para o que as administracións debemos estar traballando do lado das empresas innovadoras e co coñecemento”, co dobre obxectivo de cumprir cos retos marcados e apoiar e reforzar ao tecido da innovación na provincia.

Tras a presentación de Carmela Silva, explicaron cales son as 23 propostas de maior interese para a Deputación, así como os retos que se reabrirán a esta segunda fase de Consulta Preliminar. En concreto, serán o da economía circular para a xestión de residuos, para o que se busca alcanzar unha proposta na que se chegue a pechar o ciclo completo de revalorización e reintegración dos residuos na cadea produtiva; o subrreto dos firmes innovadores para a xestión integral sostible das infraestruturas provinciais. 

Te puede interesar