Vigo

“É curioso que a 600 quilómetros de galicia falen galego dende hai séculos”

Vigo

VÍCTOR MANUEL MARTÍNEZ Ponente invitado para tratar de A Fala de Extremadura

“É curioso que a 600 quilómetros de galicia falen galego dende hai séculos”

Victor Manuel Martínez Cacharrón, onte, antes da charla.
photo_cameraVictor Manuel Martínez Cacharrón, onte, antes da charla.

nnn Víctor Manuel Martínez Cacharrón, enxeñeiro industrial, foi onte o convidado de Amigos de los Pazos para impartir a conferencia “As falas galegas do Val do Ellas”, tres poboacións de Extremadura onde a lingua secular é o galego, en San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e As Ellas, situados no Val de Xálima con cerca de 5.000 falantes. Antes do inicio da charla, aclarou algunha das dúbidas que xera o tema.

Que lle levou a interesarse por ‘A Fala’ de Xálima?
Non encaixa no meu perfil profesional, pero sempre me interesou a cultura galega, a historia e a lituratura. Ademais na Universidade  de Vigo hai varios especialistas no tema. É moi curioso que a 600 quilómetros de Galicia falen a galego dende hai séculos.
Como chegou A Fala a Extremadura?
A nivel académico existe unha controversia entre filólogos e historiadores. A vertente maioritaria sitúa a súa orixe nas colonizacións de 1157 a 1230 feitas por galegos no avance da Reconquista. Pero hai outros que consideran que é unha prolongación do propio portugués, que se atopa en moitas localidades da fronteira. Os falantes non se identifican coa lingua do país veciño, si o fan cando se atopan cun galego. Hai anécdotas  de oriúndos destes pobos, que coa sús lingua pasaron aquí por galego.
Canta xente utiliza este idioma?
O 90% da poboación do val emprega a Fala, unha porcentaxe maior que os que usan o galego en Galicia.
Seguen unha normativa común á da Real Academia Galega ou teñen unha de seu?
Esa é unha das asignaturas pendentes. Estos tres pobos están ubicados nun val, rodeados de montañas, tendo unhas características locais propias segundo a súa localización. Aínda non logaron unha norma que os unificara.
Como se transmite?
Pasa con naturalidade de pais a fillos. Non se imparte nas aulas, só na Escola de Idiomas de Cáceres hai filólogos que propoñen como deberían escribirse as palabras. En xuño, dous dos tres alcaldes fixeron un manifesto esixindo á Junta de Aragón o recoñecemento oficial desta lingua, e o 90% dos falantes apoian esta opción.
A nivel popular recoñecen o vencello con Galicia?
O sentimento que xera A Fala é máis local. Identifícana como algo propio e non establecen nengunha relación con Galicia. Con respecto ao que opinan sobre a orixe, algo máis do 60% considerana algo singular, autóctono; sobre un 25% acéptana como unha variante do galego e un 7%, do portugués, e unha mesma porcentaxe velle máis similitudes co astur-leonés. Tamén hai unha corrente de opinión máis minoritaria, un 3% que defenden a súa procedencia celta. Onde case todos están dacordo é  en datala en época medieval, cando se falaba o galego-portugués.n

Más en Vigo
Comentarios