vigo

O Correlinguas acode tamén ás redes para capear o virus

ADA edición número vinte do Correlinguas presentouse onte na Deputación provincial de Pontevedra.
photo_camera A edición número vinte do Correlinguas presentouse onte na Deputación provincial de Pontevedra.
Transmitirase por streaming, reservando programación presencial nalgúns centros escolares no seu vinte aniversario
nnn Vigo acollerá  a finais de mes a actuación do grupo Aldaolao na celebración dos vinte anos de Correlinguas. As condicións excepcionais impiden as marchas da rapazada polas rúas das vilas e cidades reivindicando o uso do galego, pero se adaptará ao protocolo anti-covid transmitiendo tódalas súas actividades por streaming.
A asociación cultural Correlinguas conta co apoio da Mesa e das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, onde se presentou onte o seu percorrido pola provincia. Así, a deputada da Lingua, María Ortega explicou que as previsións do Correlingua tiveron que mudar por mor da pandemia e adiarse de maio ata novembro. Agradeceu á asociación o seu labor de “prestixio” do galego entre a mocidade e manifestou a Deputación ten a intención de estar sempre da man dos colectivos e entidades que traballan para “poñer en valor o noso idioma”.
No acto de presentación tamén participou o concelleiro de Normalización Lingüística en Pontevedra, Alberto Oubiña, así como con representantes da entidades organizadoras: o presidente da Asociación Cultural Correlingua, Anxo Terán; o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira; e o secretario comarcal CIG-Ensino (Pontevedra), Xacobe Rodríguez.
Terán destacou que “non podiamos parar, menos neste noso novo vixésimo aniversario”, xa que ás últimas edicións fórase incorporando incluso profesorado que hai anos participaba como alumnado:
“Imos medrando e por iso estamos ledas de celebrarmos os vinte anos, un ano especial para un Correlingua diferente”. Tamén destacou o tirón que ten a iniciativa, xa que a 7 de marzo había 12.000 alumnos e alumnas inscritos para participar no Correlingua de maneira presencial, polo que animou a todos e todas a “achegarse ás redes” para participar tamén de xeito virtual.
O presidente do colectivo subliñou que esta edición está dedicada ao alumnado e ao profesorado, así como ás administracións “que sempre nos apoiaron e neste ano cheo de dificultades apostan, tamén, por un  Correlingua cheo de bulicio outonal, un Correlingua que visita os centros e viaxa polas redes espallando o idioma con apertas virtuais: con música, poesía, manifestos, banda deseñada e relatos”.
As actividades comezarán o xoves día 5 en Narón, e pasarán despois por Pontevedra, A Estrada, Moaña, Vigo,  O Rosal, Lugo, Xove, Rianxo, Zas, A Coruña e Ourense, contando con actuación dos grupos e artistas ‘ Ce Orquestra Pantasma’, Aldaolado, Luís Caruncho, A Gramola Gominola, os grupos gañadores do Cantalingua Cuarta Xusta, Monolius Dop e Birlibirloque.n

Te puede interesar