MANUEL G. MOREIRA, Candidato por En Marea para o Congreso

“O corredor atlántico e a saída sur son dous eixos na política de en marea para a provincia”

Manuel G. Moreira, candidato por En Marea ao Congreso.
photo_camera Manuel G. Moreira, candidato por En Marea ao Congreso.

Manuel G. Moreira (Vigo,  1959) é o número dous por En Marea na súa lista provincial ao Congreso. Médico de familia de profesión e cunha dilatada experiencia, é delegado de CIG-Saúde na área sanitaria de Vigo.

Que posibilidades ven de acadar representación no Congreso?
Somos unha forza necesaria para Galicia. A nosa mensaxe é útil para a maioría social, témolo demostrado. Somos unha forza que pode contribuir a formar unha maioría progresista no Estado e sempre defendendo os intereses de Galicia. Eso merece o apoio da maioría social e neso estamos traballando.

Comparten visión política con En Común-Unidas Podemos, con quen romperon a súa alianza para estas eleccións.
En Marea naceu como un proxecto radicalmente democrático, nacional e que quere ampliar dereitos. Seguimos nesa liña. Defendemos única e exclusivamente os intereses de Galicia e non imos entregar un cheque en branco a ninguén. É o que poñemos de manifesto como xa demostramos no Congreso. Outros non poden facer o mesmo.
Cales son os principais argumentos que presentan de cara a estas eleccións?
Ampliar os dereitos recortados nestes anos. Tamén contribuir para que os Estado teña unha configuración diferente coa que Galicia acade un peso importante. Non queremos un peso propio por outra razón: queremos uns servizos públicos dignos e de calidade. Imos apostar por aumentar o investimento nas actividades produtivas fundamentais para o noso país. Por temas de infraestruturas, concretamente na nosa provincia, relacionadas coa saída sur e o Corredor Atlántico para a saída das mercadorías cara Europa, dous eixos fundamentais

Neste novo escenario politico, por que a proposta de En Marea debe ser a escollida polo electorado da provincia?
En Marea aporta un espazo plural, con xente de distintos orixes políticos. Construímos un discurso común e a xente ten que pensar quen lle pode aportar unha solución máis próxima. Temos apostado claramente por unhas pensións públicas co financiamento necesario. Cando demandamos unha sanidade forte e pública, financiada cun sistema impositivo no que deberían pagar máis impostos os que máis cartos teñen. Tamén un modelo industrial eficiente para a provincia, que se ten que favorecer dende o propio Estado. A xente ten que pensar cales lles benefician nos intereses para a maioría. .

Esperan acadar representación no Congreso pola provincia?
Estamos máis preocupados por facer política para a maioría social. En Marea vai ser unha forza importante no Parlamento do Estado para que Galicia e a provincia estén presentes. 

Te puede interesar