O Consello da Cultura recupera ao Don Paco, autor de ficción

Román Pereiro, Beatriz Lis, Carlos Bernárdez, Manuel Puga, Rosario Álvarez e Víctor Freixanes.
photo_camera Román Pereiro, Beatriz Lis, Carlos Bernárdez, Manuel Puga, Rosario Álvarez e Víctor Freixanes.
Reeditará en facsímile 500 exemplares de “Na espera do amigo”, publicada por primeira vez en 1994 por Aguatinta

O Consello da Cultura Galega presentou reeditou “Na véspera do amigo”, unha obra de ficción de Francisco Fernández del Riego como homenaxe ao autor das Letras Galegas. Onte presentou en Vigo a publicación en facsímile, da que se fará unha primeira tirada de 500 exemplares. “É singular porque é unha rarísima incursión de Don Paco na creación; porque foi un proxecto vangardista no seu momento, que forneceu de novos formatos para a cultura galega, e tamén porque amosa ese vínculo coas artes plásticas” explicou Rosario Álvarez, presidenta do organismo. 

“Na espera do amigo” inaugurou a editorial Aguatinta en 1994, proxecto dirixido por Román Pereiro que publicou 16 títulos máis. O orixinal ía acompañado por unha serigrafía de Laxeiro a dúas cores. En canto o tema, afonda na imaxe na migración coa historia dun home que fracasou na súa tentativa.

Esta nova edición vai acompañada dunha introdución da presidenta do Consello da Cultura Galega e de catro textos complementarios: O de Pereiro, o primeiro editor; o do filólogo Xosé López González; a do crítico Carlos L. Bernárdez e a da historiadora da arte, Beatriz Liz de Cea.

Para Rosario Álvarez,  Don Paco “foi unha testemuña de excepción e un axente indispensable dos principais acontecementos feitos que marcan a singradura de Galicia ao longo de século XX”. Así sinalouno como a ponte entre xeracións, entre a Galicia do país e a do exilio. No acto, estivo acompañada por Román Pereiro; o director da Real Academia Galega, Víctor Freixanes e o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga. 

Esta publicación englóbase nas actividades do Consello co gallo das Letras Galegas. Xunto ao arquivo virtual de Don Paco, en novembro organizará unha mesa redonda sobre o personaxe na súa vila natal, Lourenzá.

O día 16, o teatro García Barbón acollerá o concerto das Letras, a cargo de Real Filharmonía de Galicia, a terceira edición consecutiva do evento organizado a véspera da efeméride.

Te puede interesar