MARÍA XOSÉ PORTEIRO Vicevaledora do Pobo

“Chego con lealdade institucional e vontade de diálogo no que sexa preciso”

María Xosé Porteiro, en un acto público en 2017.
photo_camera A escritora e xornalista viguesa María Xosé Porteiro, vicevaledora do pobo.
nnn A xornalista e escritora viguesa María Xosé Porteiro (Madrid, 1952) ten pasado en política por tódalas administracións, municipal, autonómica e estatal, e agora da un xiro total como vicevaledora do pobo.

Un nomeamento que, como ela mesma di, "me produce unha sensación dun zapato no que o meu pé cabe perfectamente". Por primeira vez na historia da institución dúas mulleres estarán ao fronte, a valedora María Dolores Fernández Galiño e a vicevaledora. Onte foi o seu primer día de traballo.

Dúas mulleres na institutución da Valedora do Pobo, que significa para vostede?
A veces os soños se fan realidade porque quen iba a dicir isto cando empecei en política. Pero sen ir tan atrás, hai uns anos quen nos iba a dicir que por fin a normalidade chegaría ás máis altas institucións do noso país, de Galicia. Estou contentísima e creo que é unha oportunidade extraordinaria.
 

PSOE e PP votaron a favor pero outros grupos votaron en contra, que lles diría?
Están no seu dereito de votar como consideren e o único que podo pensar neste momento é que hai un traballo inxente e interesante por facer para o que estou na mellor das disposicións. Coa grande sorte de que a persoa que esta ao frente desta institución é unha muller que se declara feminista, defensora dos dereitos humáns, interesada pola ecoloxía, en fín, non podo ter máis coincidencias. Me da igual quen a propón ou quen a vota. O que me importa é esa folla de ruta na que creo que podo contribuir, podo compartir e podo aportar algo dunha maneira moi cómoda, no senso de que estou traballando cun equipo có que me podo identificar. Me da igual de quén ven esa proposta ou quen vota unha cousa ou outra. Houbo unha maioría e estou contenta.
 

Xa coñecía a institución por dentro?
Coñezo a Valedoría dende o momento da súa creación. Primeiro como xornalista e logo como política, levo nisto dende finais dos anos 70. Escribín un libro con Xosé Antonio Perozo sobre quén era quén no primeiro Parlamento galego, que é do ano 1981, así que crónica parlamentaria e logo como deputada dende o ano 89 ata o 98 estiven moi ao tanto da actividade política galega. Crear esta Valeduría do Pobo en Galicia foi un gran momento, de solidez, de madurez dunha autonomía que levaba so tres anos funcionando e, ten tido momentos mellores e peores, pero é unha institución troncal dunha autonomía de primeira como é a nosa.
 

Que va a aportar á institución?
Sobre todo lealdade institucional, capacidade e vontade de diálogo con calquera interlocución que sexa preciso dentro e fóra da casa. A vida me puxo en moitas situacións nas que tiven que practicar a negociación, o diálogo e a búsqueda de consenso e é unha experiencia que teño e si sirve para esta casa pois aquí estou. Pero tamén tiven a sorte de traballar en ámbitos que teñen que ver cós dereitos humáns, a protección medioambiental e cultural. Da a impresión de que todo o que puiden ir aprendendo na miña vida se decanta no que tal vez poda desenvolver aquí. Veño monacalmente, sin ningún tipo de esixencia e xa se irá vendo onde podo ser máis útil e alí estarei.
 

Xa coñecía á valedora?
Non persoalmente. A coñecín o día da súa toma de posesión, vai facer agora unha semana. Xa lera o seu discurso no Parlamento e quedeime enganchadísima, nun discurso no que se declara galegofalante, feminista e defensora dos dereitos humáns. E na toma de posesión francamente non hai nada en todo o que ela plantexou có que eu non poida estar dacordo.
 

Ten un amplísimo bagaxe político, que significa para vostede este nomeamento?
É algo que non ten que ver coa política, en política fixen prácticamente todo o que se pode facer, dende estar nun Executivo no Concello de Vigo até estar no lexislativo galego e español ou na acción exterior, asambleas europeas. Creo que en política tiña todo o camiño percorrido, máis alá de poder ser un cargo electo para algo que xa fixera. Había moitos anos que a política non era unha expectativa. Si me interesa esto é porque precisamente permite traballar nun campo no que podo traballar doutra maneira, con independencia e logo o seu propio ámbito de interese, a cidadanía, a Valeduría do Pobo. Non hai unha palabra máis interesante para min, dende o punto de vista da miña ética persoal, que se trasluce no que fago, na política, no xornalismo e na miña escrita, o meu compromiso cos valores cívicos. Nunca pensei que poidera estar aquí, pero o feito de estar recoñezo que me produce unha sensación dun zapato no que o meu pé cabe perfectamente. n

Te puede interesar