VIGO

Carme da Silva e o BNG esixen unha facenda galega de seu

Da Silva, cos candidatos do BNG.
Da Silva, cos candidatos do BNG.
Carme da Silva e o BNG esixen unha facenda galega de seu

n n n A cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carme da Silva, reclamou onte en Pontevedra un concerto económico e unha Facenda galega propia que permita a Galiza recadar todos os seus impostos para dar servizo ás necesidades de galegos e galegas sen discriminacións. Da Silva lembrou que cada concello galego recibe 50 euros menos por habitante que o resto dos concellos do Estado e subliñou que o BNG levará ao Congreso unha iniciativa para rematar con esta “aldraxe” que se sostén no tempo xa goberne o PP ou o PSOE. 
Nunha reunión con candidatos ás alcaldías, concelleiros e voceiros nacionalistas dos concellos da comarca de Pontevedra, Da Silva cualificou de “moi preocupante”. Subliñou que o Bloque Nacionalista Galego defende un sistema de financiamento local propio, unha Facenda galega, que permita que os concellos teñan os medios axeitados para prestar os servizos nos que teñen competencias.n