O BNG, contra os viais que “truncan o rural”

Xabier P. Igrexas no acto en Bembrive.
photo_camera Xabier P. Igrexas no acto en Bembrive.
O candidato nacionalista á Alcaldía de Vigo asegura nun acto público en Bembrive que un Bloque “determinante” no Concello a partir do 28 de maio será garantía dun “rotundo non” á PO-010 e ao proxecto de nova A-52

Xabier P. Igrexas afirmou que “a veciñanza das parroquias non son viguesas e vigueses de segunda, e o noso compromiso é poñer fin ao abandono que padecen desde hai demasiados anos”. O nacionalista chamou tamén a reforzar a cooperación e a colaboración entre o Concello e a Entidade Local Menor de Bembrive, actualizando o convenio e asegurando os recursos necesarios para atender as necesidades da parroquia. “Alargando os servizos públicos, como as conexións de transporte urbano e acabar con humanizacións que son simples asfaltados”.

Asemade, Roberto Fernández Vila, candidato pedáneo: “É hora dun cambio nunha Entidade Local Menor marcada por unha xestión nefasta e envolta en sucesivos casos de corrupción”.

Te puede interesar