Atlántico

VIGO

"O BNG regresa á Corporación para ficar nun Vigo en positivo"

Os nacionalistas celebraron onte o seu "esperado regreso" ao Concello de Vigo tras acadar un edil na Corporación Municipal. 

"O Bloque regresa ao Concello de Vigo pero facémolo para ficar", asegurou Xabier P. Igrexas, engandindo que os nacionalistas foron "a única forza alternativa ao PSOE que aumentou en apoios nestes comicios". Este resultado, logo de non lograr presenza no Concello en 2015, é "froito non só do traballo da campaña, senón tamén dos últimos catro anos", salientando o labor de Serafín Otero como responsable local do BNG e anterior cabeza de lista da formación en 2015. 
"Grazas aos máis de 8.000 votantes que confiaron en nón. Imos ser fieis aos compromisos de campaña para achegar un proxecto en positivo, tendo o foco nas necesidades reais da cidade e o seus barrios", indicou Xabier Igrexas. "Se queremos unha cidade 'top' temos que construíla entre todos, polo que felicito a Caballero pero dígolle que esta maioría absoluta non é un cheque en branco", engadiu.
Na sé do BNG tamén se manifestou o motivo de alegría que supón o "desplome do PP" e o "mazazo das forzas ultraespañolistas" se representación no Concello. "Comeza unha nova etapa para Vigo, un impulso ao nacionalismo na cidade más grande de Galiza", culminou Xabier P. Igrexas.