ELECCIONES 12-J

BNG levará ao Baixo Miño o bus metropolitano

O candidato do BNG, Luís Bará, onte no acto en Tomiño.
photo_camera O candidato do BNG, Luís Bará, onte no acto en Tomiño.
O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, comprometeuse onte a integrar a comarca do Baixo Miño no transporte metropolitano de Vigo para que a súa veciñanza se beneficie de maiores frecuencias e prezos máis baixos. 
O nacionalista realizou esta proposta nun acto en Tomiño xunto ao tamén candidato da comarca Xose Manuel Méndez, ás alcaldesas de Tomiño e O Rosal, Sandra González e Ánxela Fernández, o portavoz municipal de A Guarda Anxo Baz, o concelleiro en Tui Xosé Martínez Tato, e a membro do consello local de Oia Marisa Guerra. Destacou que é preciso rematar co agravio que supón o actual plan da Xunta de Galiza para a veciñanza da zona, que a diferencia da doutros concellos do Condado ou o Val Miñor, ten que pagar elevados prezos polo seu desprazamento.

Te puede interesar