REACCIONES-VIGO

O BNG celebra o seu “paso adiante”

Euforia en la sede del BNG en Vigo
photo_camera Serafín Otero, Xabier P. Igrexas, Carmela González e Alexandra Fernández celebraron onte os resultados do BNG coa militancia no Hotel Coia de Vigo.
As candidatas viguesas Alexandra Fernández e Carmela González destacaron ante a militancia que a formación está “comezando a ver o final do túnel” e apostan por dar voz aos “problemas reais” no Parlamento
nnnO Bloque celebrou en Vigo os bos resultados logrando ser a segunda forza no Parlamento e lograr seis deputados pola provincia. As candidatas viguesas Alexandra Fernández e Carmela González, xunto o edil municipal Xabier P. Igrexas agradeceron á militancia e votantes vigueses o apoio acadado nestes comicios, onde todavía quedou pendente un dos seus obxectivos de campaña: “Estamos contentos porque os resultados lexitiman un salto adiante da esquerda soberanista en Galiza, pero non puidemos acadar un dos obxectivos que tiñamos: pór fin ao PP na Xunta”, indicou Alexandra Fernández tras o final do escrutinio nun encontro coa militancia e simpatizantes celebrado no Hotel Coia. 
“Temos que seguir traballando e toda a confianza que se depositou no BNG a través dos votos vaise traducir en traballo, traballo e traballo”, afirmou a número tres da candidatura provincial dos nacionalistas. “Temos que seguir convencendo aos galegos que non nos votaron desta vez nestes próximos catros anos”, engadiu Alexandra Fernández.
Pola súa parte, a número cinco do BNG pola provincia, Carmela González, salientou que “empezamos a ver o final do túnel” e recoñecendo que o BNG ten por diante “catro anos de traballo cunha luz ao final á que imos chegar”. González quixo pór de manifesto o traballo da militancia, sobre todo da mocidade que forma parte de Galiza Nova, aos que calificou como o futuro da formación frentista.
Carmela recordou que desta vez será posible “levar os problemas reais dos galegos ao Parlamento” e destacou o avance do BNG no tocante a Vigo: “Superamos os 30.000 votos en Vigo, sendo a forza que máis sube na cidade, case 17 puntos porcentuais, grazas ao traballo dos militantes e simpatizantes”.
As candidatas electas do Bloque apostaron por representar a todos os cidadáns vigueses no Parlamento de Galicia, sinalando que “seis de cada dez vigueses censuran as políticas do Partido Popular e de Alberto Núñez Feijóo. Imos traballar para ter unha presidenta nacionalista dentro de catro anos”, finalizou González. n

Te puede interesar