Vigo

O BNG aposta por "facer un Vigo de iguais e motor do país"

Ana Miranda, Xabier P. Igrexas, Ana Pontón e Maica Rivas, onte no peche de campaña do Bloque.
photo_camera Ana Miranda, Xabier P. Igrexas, Ana Pontón e Maica Rivas, onte no peche de campaña do Bloque.

Os nacionalistas revindicaron no peche de campaña ser a alternativa no Concello

Os nacionalistas realizaron na Estación Marítima o peche da campaña reirando a súa aposta por "facer un Vigo de iguais e motor do país", como destacou o candidato á Alcaldía, Xabier P. Igrexas. O Bloque chamou ao electorado a "evitar unha nova maioría absoluta que sería letal para a cidade", estando dispostos no seu regreso ao Concello a "mazar" nos problemas da cidadanía. "Imos acabar coa dinámica do 'pimpampum' que se converteu o Concello de Vigo, cun Goberno de políticas nulas e unha oposición incapaz no últimos catro anos. Non vimos a mazar en ninguén, vimos para mazar nos problemas da cidade", afirmou o candidato á Alcaldía, Xabier P. Igrexas ante preto de 600 persoas que asistiron ao peche de campaña celebrado na Estación Marítima. "Queremos facer un Vigo para o pobo, no que as persoas sexan o centro. Traer de novo a democracia e unha política participativa. Nin un día máis cun Goberno que esté de costas á veciñanza. Acabar coa obsesión do enfrontamento e facer un Vigo referencial que sexa o motor do país", engadiu.
O candidato municipal salientou que Vigo "merece máis", sendo "na que se respecte a creación cultural, un Vigo de xustiza social, unha cidade á vangarda que lidere a Galiza do futuro". Xabier P. Igrexas amosou o seu apoio ao colectivo de bombeiros –presentes no acto– e aos traballadores de PSA, recordando que "é necesario acabar coa precariedade". 
Xunto a Igrexas tamén estivo a cabeza de lista do Bloque para o Parlamento Europeo, Ana Miranda. A eurodiputada viguesa destacou a necesidade de que Galicia "teña voz en Bruxelas" e chamou aos votantes vigueses a "tomar partido" e defender a democracia: "Tomar partido é defender a verdade e a xustiza. Imos a defender a todo o pobo galego en Europa".

Te puede interesar