vigo

Atmósfera feminista entre letras

“As nosas letras de Muller a Muller”, de María Eiras será a base da exposición que acompaña a Feira do Libro.
photo_camera “As nosas letras de Muller a Muller”, de María Eiras será a base da exposición que acompaña a Feira do Libro.

A Feira do Libro acolle unha exposición de debuxos sobre as mulleres na Literatura

n n n O Feira do Libro inaugúrase mañá en Vigo cun compromiso co feminismo. Así,  amais das propostas literarias, contará coa artista plástica Mareiras que presentará “As nosas letras de Muller a Muller”, o seu primeiro libro. Faino cun dobre programa: exposición e presentación. 
A mostra, que se poderá visitar no espazo común , no inicio da rúa do Príncipe, toma como punto de partida esta primeira publicación de ilustracións de Mareiras, artista tras da que está María Eiras. O propio volume será presentado pola autora o xovs,  4 de xullo, ás 18 horas, tamén no espazo común da Feira, nun evento no que a acompañará a escritora Lorena Amkie. 
A exposición recolle estes catro debuxos xunto cos retratos de Mareiras doutras mulleres destacadas da cultura e a literatura galega como Concepción Arenal, María Xosé Queizán ou Yolanda Castaño. En canto ao libro é un percorrido en imaxes polos 59 homenaxeados, 55 homes e 4 mulleres, nas 57 edicións celebradas do Día das Letras Galegas entre 1963 e 2019.  As catro escritoras (Rosalía de Castro, Francisca Herrero, María Mariño e María Victoria Moreno) son as protagonistas do volume, que nace ao calor da celebración do 8 de marzo de 2018.
Tanto o libro como a mostra están pensados para poñer en valor ás mulleres do ámbito literario. Remite ao libro na súa vocación divulgativa, xa que un dos públicos principais de ámbolos dous proxectos son os colexios e institutos. Pero tamén está destinada a un sector máis amplo, “calquera persoa que queira coñecer un pouco máis sobre estas personaxes da nosa cultura”, afonda Mareiras. 
O libro, que conta con textos de Ánxela Lema París para afondar nos perfís dos retratados, presentouse o pasado mes de decembro en Santiago de Compostela. Os debuxos están feitos a bolígrafo, case sen mirar o papel nun intento de afondar na persoa tras da escritora ou escritor, e remátanse cunha mancha de tinta, elaborada pola artista de xeito artesanal a partir de bugallos de carballo, nunha técnica empregada por Leonardo no Renacemento. 
Do seu libro xurdíu a imaxe de Antonio Fraguas para o cartel institucional polo Día das Letras Galegas deste ano da Xunta de Galicia.n

Te puede interesar