Atópase a piques da súa apertura por Tenencia de Alcaldía o local de ensaio para grupos no Parque Tecnolóxico

Alternativa para o lecer dos mozos

Santi Domínguez, Iolanda Veloso e Eudosio Álvarez, na visita ao interior do novo local de ensaio para grupos novos, en Valadares.
Os mozos de Vigo terán en dous meses máximo unha nova alternativa para o seu lecer coa apertura do complexo de locais de ensaio de Valadares, nunha parcela de titularidade municipal do Parque Tecnológico e Loxístico, que xa entrou na súa derradeira etapa de construción lanzada pola Tenencia de Alcaldía, que dirixe o vicealclade Sant Dominguez, do BNG.
Os mozos de Vigo terán en dous meses máximo unha nova alternativa para o seu lecer coa apertura do complexo de locais de ensaio de Valadares, nunha parcela de titularidade municipal do Parque Tecnológico e Loxístico, que xa entrou na súa derradeira etapa de construción lanzada pola Tenencia de Alcaldía, que dirixe o vicealclade Sant Dominguez, do BNG.
O propio Domínguez xirou unha visita as obras onde comprobou que “van a bo ritmo”. e que por tanto, poderá estar listo nadas datas previstas, o vindeiro mes de marzo, cando estará a disposición dos mozos vigueses e dos novos grupos, que así terán un local en condicións para poder comezar a traballar.
O certo é que na inspección que realizou á infraestrutura, xunto á concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, e o edil de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, o nacionalista anunciou a execución da “última fase”, que culmina un proxecto do que se viña falando durante anos, ata agora en que xa é caseque unha realidade.
Santi Domínguez lembrou que este complexo de locais de ensaio, “o máis importante de Galicia”, dá continuidade a un proxecto que iniciou a súa andaina no ano 2000, cando era concelleiro de Xuventude e abriu o primeiro local de ensaio da cidade.
“Coa chegada do anterior goberno da Xunta -co BNG en Cultura- e de Iolanda Veloso á Concellería de Xuventude tiñamos claro que esta tiña que ser unha prioridade”, asegurou entón Santi Domínguez na visita ás instalacións.
O tenente de alcalde afirmou que a construción do novo complexo musical, ubicado no Parque Tecnolóxico de Valadares, dá resposta a unha vella demanda da mocidade viguesa e é froito da tradición musical de Vigo.
Neste sentido, defendeu que dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Xuventude “temos claro que hai que facer políticas para a mocidade tendo en conta as súas demandas”.

Te puede interesar