O Álbum de Galicia incorpora ao arquitecto vigués Gómez Román

Óleo de Gómez Román asinado por Lloréns.
photo_camera Óleo de Gómez Román asinado por Lloréns.

O Álbum de Galicia incorpora a entrada de Manuel Gómez Román, arquitecto do Seminario de Estudos Galegos. Construíu máis de dúas mil obras, a maioría en Vigo e na súa contorna, e os seus proxectos estaban influídos polo Barroco porque “para el, a orixinalidade debía de basearse na tradición, na orde e no gusto, achegando estilisticamente o edificio urbano ao pazo rural”. Así describe Xosé Ramón Fandiño o traballo de Manuel Gómez Román (Vigo, 1875 - 1964), arquitecto que formaba parte do Seminario de Estudos Galegos (SEG), na entrada que hoxe se incorpora ao Álbum de Galicia.

Co gallo do centenario desta entidade, que se celebrará ao longo deste 2023, a colección bibliográfica do Consello da Cultura Galega (CCG) irá incorporando entradas das súas figuras máis destacadas. “Manuel Gómez Román foi unha das figuras de maior sensibilidade e de personalidade máis acusada no campo da arquitectura galega contemporánea”, asegura Fandiño para referirse a un prolífico arquitecto (conta con máis de dúas mil obras) que militou no Partido Galeguista, do que foi secretario xeral na época republicana, e que foi vicepresidente da Editorial Galaxia e da Fundación Penzol na clandestinidade. Entre as súa obras destacan o Banco de España, no cruce dos catro bancos; o edificio Simeón, na Porta do Sol, edificio de vivendas Mülder en Montero Ríos ou o mausoleo de Concepción Arenal, na entrada do ceminterio de Pereiró.

O Álbum de Galicia, xestionado dende o Consello da Cultura Galega, ofrece duns fondos dixitais dos principais persoeiros galegos.

Te puede interesar