Preto de 200 currículos recollidos e unha semana de traballo

15 empresas no Foro de Emprego das Enxeñerías

El rector, Salustiano Mato, con el coordinador del foro (a la izquierda), Rubén Suárez.
A enxeñería non é un dos colectivos máis afectados pola crise, xa que a súa taxa de paro non chega ao 8%, case catro veces menos que a media nacional, según informa a Universidade de Vigo.
Sen embargo, os enxeñeiros enfróntanse a moitos problemas á hora de chegar ao mercado laboral, en gran parte por descoñecemento. 'Cando acaba a carreira o alumnado non sabe a quen mandar currículos, non coñecen as empresas do sector, así que ofrecémoslles tres días para que coñezan as entidades e os proxectos que desenvolven, como facer un currículo, como entregalo ou como pasar unha entrevista de traballo. Esta é a súa primeira toma de contacto', asegurou Rubén Suárez, coordinador dun Foro Tecnolóxico que vén de pechar a súa décimo terceira edición no Campus de Lagoas-Marcosende con moita participación por parte do estudantado das enxeñarías de Telecomunicacións, Minas e Industriais que se imparten na Universidade de Vigo.

15 empresas dispostas en stands na ETS de Enxeñería de Minas, outras 15 en conferencias e mesas redondas e unha media de 50 persoas en cada actividade desenvolvida nos últimos tres días nas escolas de Telecomunicación e Industriais. Un traballo que quixo gabar o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, durante o acto de peche dun foro que definiu como 'un instrumento exemplar, creador de cultura e no que hai resultados prácticos para todo os estudantes que se achegan a el'. Ao longo destas tres xornadas os futuros enxeñeiros e enxeñeiras entregaron máis de 180 currículums en persoa, aos que haberá que engadirlles todos os recollidos pola organización vía web e que despois se enviarán a todas as empresas participantes.

Te puede interesar