Concello de Nigrán e Discamino xuntan forzas

Membros do colectivo vigués Discamino, que participa na actividade.
photo_camera Membros do colectivo vigués Discamino, que participa na actividade.
Unha nova experiencia de paseo en bici para os maiores con enfermidades neurodexenerativas

O Concello de Nigrán e a ONG 'Discamino' volveron aliarse para ofrecer, por terceira vez, un paseo en bicicleta adaptada a 8 maiores usuarios do centro municipal de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas, en Panxón. O roteiro transcurríu desde o paseo marítimo de Panxón a Praia América, regresando por Estrada pola Vía, e a xornada finalizou cunha merenda no propio centro municipal, ubicado nas instalacións do CEE de Panxón. Os voluntarios de Discamino e os traballadores deste centro foron os encargados de pedalexar xunto a eles. "Estes paseos outorganlles unha gran sensación de liberdade e de saúde física e mental, porque grazas á bicicleta reviven recordos agradables da súa infancia ou xuventude", explica María Mayán, edil de Maiores. "Esta imaxe é a esencia do que significa 'Un Nigrán para todos' e do que buscamos para o noso municipio", resume o rexedor, quen agradece o traballo altruísta de 'Discamino' . O Concello de Nigrán dispón dunha bicicleta adaptada con cadeira de rodas, outra igual pero con motor eléctrico, unha cadeira todoterreo monorroda tipo Joëlette, dous triciclos tándem tipo co-pilot e unha bicicleta adaptada, as cinco con base no pavillón municipal de Panxón e empregadas con asiduidade por usuarios do CEE Juan María ou por quen as solicite, como é o caso.“heO Concello de Nigrán e a ONG Igaxes abren ata o 10 de xuño o prazo de inscrición no torneo de fútbol-praia ‘Stop Odio’ de Brais Méndez o 15 e 16 de xuño en Praia América-Lourido. Este está dirixido a categorías infantil (nados en 2010 e 2011) e cadete (nados en 2008 e 2009) e a inscrición debe realizarse a través dun formulario web a través de www.igaxes.org.

Brais Méndez

Por outra banda, o futbolista galego Brais Méndez, xogador da Real Sociedad que como futbolista profesional sufriu e viviu en primeira persoa ataques e insultos nos estadios de fútbol, lidera a iniciativa Igaxes nun esforzo por combater o odio na sociedade e promover valores de respecto e igualdade.  No marco desta alianza, organizan unha serie de accións: conversas entre Brais Méndez e persoeiros destacados da cultura e o deporte, obradoiros de sensibilización contra o odio en escolas e clubes deportivos, así como este torneo de fútbol praia.

Te puede interesar