val miñor

O comercio de Gondomar convértese nun museo aberto

Ata o 20 de decembro, historias de  dez mulleres na exposición fotográfica "Semillas do cambio"
n n nO comercio local de Gondomar acolle a exposición fotográfica “Defensoras Semillas de Cambio” inaugurada polo alcalde, Paco Ferreira, a deputada provincial Victoria Alonso, e a representante da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz, que quere facer chegar aos cidadáns o traballo que desde o ano 2010 veñen realizando as integrantes da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras dos Dereitos Humanos, protexendo a miles de mulleres que sofren a diario a discriminación. Con esta iniciativa, búscase a máxima implicación da sociedade e neste caso do pequeno comercio, que durante un mes, converterase no “museo” que acollerá a exposición. Paco Ferreira agradeceu a disposición do comercio pola súa implicación e axuda á hora de “amosar esta realidade. Na mesma liña pronunciouse a deputada Victoria Alonso quen “agradeceu o traballo que se realiza desde ONGD e subliñou a boa disposición de Gondomar "un concello feminista, que sempre está disposto cando se trata de defender os dereitos das mulleres”. En total poderanse coñecer a historia de dez destas mulleres, que se expoñerán noutros tantos comercios de Gondomar: Chupipostres, Cerámicas Roymara, Mercería Barrosiña, Heborístería Bambú, Puntadas non Aire, Papadolce, Autoservicio Loureana, Café O Tranvía, Farmacia Abizanda e Parafarmacia Sousa, A mostra, permanecerá no concello ata o 20 de decembro: estudantes, periodistas, agricultoras, sindicalistas, artistas, amas de casa… todas teñen o seu espazo.

Te puede interesar