val miñor

O Arco de Panxón non sería visigótico senón altomedieval

O Arco Visigótico de Panxón, do século X.
photo_camera O Arco Visigótico de Panxón, do século X.
n n n O Concello de Nigrán divulgará desde este verán o seu patrimonio histórico-artístico máis descoñecido a través do proxecto ‘7 miradas, 7 parroquias’, un traballo divulgativo froito da investigación previa do historiador tudense Suso Vila e da restauradora nigranesa Celia Casás, con descubrimentos interesantes: o que máis, que o Arco Visigodo de Panxón non sería tal, senón altomedieval. Cun investimento de 13.406 euros, conta cunha subvención da Deputación  para a rehabilitación e sinalización do patrimonio cultural e o resultado final materialízase na dixitalización dun libro-guía dispoñible nos vindeiros días a través da web do Concello.
“Nigrán vai máis alá de praia e mar e este é o mellor verán para por o foco de atención no noso interior e descentralizar o turismo típico de costa evitando aglomeracións, afortunadamente temos moito que amosar e por iso presumimos de equilibrio natural. Concretamente, con este proxecto queremos ofrecer unha mirada diferente das nosas parroquias, unha mirada que desta vez vai ao concreto sorprendendo aos propios veciños e visitantes”, explica o alcalde e historiador Juan González, quen pon como exemplo a existencia dunha talla románica de Santa Ana en Parada ou unha Virxe pétrea do século XVI na capela das Angustias de Nigrán. Así, tendo en conta que Nigrán forma parte do Camiño Portugués pola Costa cada vez máis en auxe, a maioría dos detalles analizados concéntranse precisamente nos templos de Nigrán ao seren os máis descoñecidos, especialmente as súas tallas ou mesmo elementos da súa construción propios de diferentes períodos históricos. “Os mesmos veciños de Nigrán descoñecemos o valor da nosa arte sacra; coñecela, difundila e poñela en valor é o primeiro paso para protexela. A iniciativa xurdiu do meu propio descoñecemento ante todos eses elementos”, incide o alcalde, Juan González. 
-PANXÓN: O coñecido como arco visigótico de Panxón podería ser de época altomedieval, de entre os séculos IX e X. Recentes estudos o rexuvenecen tres centurias e contradín a teoría xeral de que foi construído entre o S.V e o VII.
-CAMOS: destaca na fachada da capela de San Roque un baixo-releve dun sol e unha lúa, símbolo da concepción do templo como cidade celeste, sobre toda na Crucifixión. Este símbolo habitual en fachadas e pinturas medievais non aparece en ningún outro monumento do municipio. 
-SANTIAGO DE PARADA: Nesta igrexa de oríxe románica pódese apreciar a Santa Ana ensinando a ler á Virxe, unha talla do século XVI, un tema moi pouco habitual que se populariza no pintura do século XVII pero moi pouco común en escultura, o que suxire que puido ser un culto relevante na parroquia cun altar consagrado a esta escea. 
-A RAMALLOSA: A capela de San Pedro é unha igrexa de oríxe románico da que se conservan algúns restos.
-NIGRÁN: Na Capela das Angustias, en Nigrán, destaca unha imaxe da Virxe das Angustias que pola súa data e forma encaixa dentro do arte medieval. Unha talla pétrea cuxas características sinalan que foi realizada no século XVI, o que nos indica que foi trasladada dende outra igrexa ou existía outra capela das Angustias anterior a actual do século XVIII. n

Te puede interesar