UNIVERSIDAD

Xornadas nos tres campus para orientadores

Susana Rodríguez, directora de Captación de Alumnos.
photo_camera Susana Rodríguez, directora de Captación de Alumnos.
nnn Ourense será o vindeiro venres 17 de xaneiro o primeiro campus da Universidade de Vigo en acoller as xornadas de asesoramento para persoal orientador, organizadas pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, que continuarán o 24 de xaneiro en Pontevedra e rematarán o 31 do mesmo mes en Vigo. Dirixidas especificamente a equipos de orientación e a equipos directivos de centros de educación secundaria, as xornadas, “que deixaron de facerse hai anos, consideramos que é unha acción fundamental para actualizar e informar a orientadoras e orientadores sobre a nosa oferta académica e sobre o procedemento de acceso”, explica Susana Rodríguez Barcia, directora da Área de Captación de Alumnado. Máis de 60 orientadores están matriculados nas xornadas.n
 

Te puede interesar