UNIVERSIDAD

Voluntariado da OMA erradica a flora invasora do campus

Os voluntarios, en pleno traballo en Lagoas-Marcosende.
photo_camera Os voluntarios, en pleno traballo en Lagoas-Marcosende.
n n n Nos arredores do campus de Vigo, flora e fauna alóctonas invaden espazos naturais, quitándolle o seu lugar a especies autóctonas que se ven desprazadas na súa propia contorna. É por iso que a Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo (OMA) decidiu poñer en marcha hai uns anos un programa de voluntariado para a minimización de impactos ambientais e mellora de hábitats que permite que a comunidade universitaria participe na erradicación de especies invasoras. “Con este programa de voluntariado preténdese concienciar á comunidade universitaria sobre a problemática ambiental que representan as especies invasoras, así como aprender a recoñecelas e coñecer as técnicas para a súa erradicación e control”, explica Sergio Ramos, técnico superior da OMA.
Este programa de voluntariado ten a matrícula aberta durante todo o ano e está pensado para grupos de entre oito e dez persoas. Na actualidade hai xa varias persoas inscritas pero dende a OMA sinalan que se está agardando á chegada do bo tempo para dar comezo ás actividades. O programa conta cunha formación previa polo que, aínda que está principalmente dirixido ao estudantado do ámbito científico, todas aquelas persoas interesadas no tema poderán participar. Xunto coa OMA, nesta iniciativa colaboran outras áreas como a  Unidade de Xardinería, ou a Delegación de Alumnos de Bioloxía ‘Lynn Margulis’ .n
 

Te puede interesar