Universidad

Vinte novos catedráticos toman posesión na Universidade de Vigo

O reitor cos novos catedráticos na toma de posesión.
photo_camera O reitor cos novos catedráticos na toma de posesión.

A sala de xuntas do Edificio Ernestina Otero acolleu onte a mediodía o acto de toma de posesión dunha vintena de catedráticas e catedráticos da Universidade de Vigo.

Oito mulleres e once homes, pola ausencia dun deles, tomaron este venres posesión das súas prazas nun acto presidido polo reitor, Manuel Reigosa, que lle fixo entrega, acompañado do secretario xeral, Miguel Ángel Michinel, do pin de prata da Universidade.
A lista está formada por Aurora García González; María Lameiras Fernández; María López Díaz; Belén Martín Lucas; María del Carmen Pérez Pérez; Margarita Rosa Pino Juste; María Ángeles Sanroman Braga; Julia Asunción Serra Rodríguez; Jose Carlos Bendicho Hernández; Pablo Raúl Bonorino Ramírez; José Antonio Castro Fernández; Carlos María Fernandez-Jardón Fernandez; Ramón González Rodríguez; Antonio López Castedo; Cándido Antonio López García; Henrique Lorenzo Cimadevila; José María Matías Fernández; Francisco Javier Rodríguez Rajo e Rafael Vallejo Pousada. Eles son  os novos catedráticos que onte tomaron posesión no campus de Lagoas-Marcosende e que desenvolven a súa actividade docente e investigadora en diversas áreas do coñecemento na institución académica viguesa.
 Pola súa banda, o docente Roberto Ignacio Fernández López, que onte non puido asistir ao acto celebrado no edificio Ernestina Otero, tomará posesión como catedrático a vindeira semana, segundo informou a UVigo.
 O reitor  manifestou o seu desexo de que durante este mandato todas as persoas que teñan os méritos para acadar a praza de catedrático a acaden “porque é de xustiza  que cando alguén acada un recoñecemento externo e tan difícil e esixente poidamos inmediatamente sacar a cátedra”, asegurou Reigosa.

Te puede interesar