UNIVERSIDAD

A vida dos mexillóns, nun novo ciclo de ‘Café con Sal’

O investigador do Cimar Marcos Rubal, onte na Ecimat.
photo_camera O investigador do Cimar Marcos Rubal, onte na Ecimat.

 O investigador do Interdisciplinary Centre of Marine and Environmental Research (Ciimar, Portugal) Marcos Rubal presentou onte nunha nova sesión do ciclo Café con Sal, o proxecto ECOS-New tools to evaluate the ecological status of rocky shores and its relationship with ecosystem services, que ten o obxectivo de avaliar o estado ecolóxico da costa rochosa, empregando como indicadores o mexillón Mytilus galloprovincialis e a fauna sésil asociada. Na súa exposición no salón de actos da Ecimat, titulada Mussel beds. Much more than seafood, Rubal abordou os efectos da urbanización e dos movementos de area previos á tempada estival (aumento da extensión das praias), unha das accións nas que se centra o proxecto ECOS, financiado por fondos FEDER e a Fundação para a Ciência e a Tecnologia.
O ciclo Café con Sal, que organiza o CIM, continuará o vindeiro martes 7 de maio co relatorio Interaction between waves and coastal structures: from coastal protection to energy generation do investigador do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo Alejandro Crespo. 
 

Te puede interesar