UNIVERSIDAD

De Vacas pechou os actos culturais do cuadrimestre

Un momento da actuación no Teatro Vidal Bolaño.
photo_camera Un momento da actuación no Teatro Vidal Bolaño.
nnn O concerto que o grupo de De Vacas ofreceu o pasado mércores no Teatro Vidal Bolaño puxo o broche final á programación cultural do campus de Vigo para o primeiro cuadrimestre, que incluíu  concertos, teatro, o Ciclo de Cine e Lingua e a Semana de Cine Submarino. A banda, que vén de ofrecer concertos en toda Galicia enchendo prazas e teatros, tivo unha grande acollida. De Vacas é o proxecto musical das vocalistas Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que se uniu o guitarrista Guillerme Fernández.n
 

Te puede interesar