UNIVERSIDAD

A UVigo, na cita eurorrexional de Música e Artes Escénicas

nnn Encontro Eurorrexional de Música e Artes Escénicas (Música e Movementos Partillados) celebra esta fin de semana a súa cuarta edición en A Coruña e Ferrol, que serán escenario das propostas culturais das tres universidades galegas e as tres do norte de Portugal, cunha aposta común, nesta ocasión, por unha conducta responsable co medio ambiente e contra a crise climática. O sábado 25 de outubro en A Coruña, celebrarase un pasarúas polo centro da cidade ate chegar á praza de María Pita, onde a partir das 18.30 horas se desenvolverán as representacións. Ao día seguinte en Ferrol, o pasarrúas comezará ás 11.30 horas ate chegar ao Cantón de Mollíns, que acollerá a partir do mediodía as actuacións dos representantes das universidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Porto, Minho e Tras-Os-Montes e Alto Douro.
Este ano, sobre as rúas de A Coruña e Ferrol daranse cita a danza, da man da Universidade de Santiago co espectáculo As 4 estacións porteñas; o teatro coa representación de Leviatán a cargo da Aula de teatro universitaria de Ourense e catro propostas nas que se mesturan varias expresións artísticas como a performance Tun’obebes da Universidade do Minho; o espectáculo de teatro, danza e canto A irmandade do vinho da Universidade de Porto; a Eco Jazz Com Intervención Teatral da Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro e Desvotar. Obradoiro de videocreación e performance da Universidade de A Coruña.n
 

Te puede interesar