As tres universidades galegas premian os traballos en Igualdade

Cinthia Piñeiro, Ana Souto e Carmen Castrillo, na imaxe.
photo_camera Cinthia Piñeiro, Ana Souto e Carmen Castrillo, na imaxe.
O xurado dictaminou outorgar o premio ao mellor Traballo Fin de Máster ao titulado “Conquistando o baleiro: as voces de profesoras e alumnas en ciclos formativos masculinizados”, de Ana Souto Mínguez

Ana Souto Mínguez, Cinthia Piñeiro Acevedo e Carmen Castrillo Sotelo son as gañadoras da terceira edición dos Premios Valedora do Pobo aos mellores Traballo Fin de Grao e Traballo Fin de Máster en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Onte recibiron os seus galardóns, dotados con 1.000 euros, nun acto celebrado na sala de xuntas Manolo Ramos do edificio Ernestina Otero, actividade que contou coa participación, entre outras autoridades, da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; a Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama, e a delegada do reitor para temas de Igualdade da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Pérez.

Nesta edición presentáronse 32 traballos de Fin de Grao e 11 de Fin de Master e o xurado dictaminou outorgar o premio ao mellor Traballo Fin de Máster ao titulado “Conquistando o baleiro: as voces de profesoras e alumnas en ciclos formativos masculinizados”, de Ana Souto Mínguez, da Universidade da Coruña. No caso dos Traballo Fin de Grao, ex aequo, os premios foron para Carmen Castrillo Sotelo, da Universidade de Santiago de Compostela por “A xestación por substitución no Dereito Civil español: a aceptación tácita dos efectos dun contrato nulo”, e para Cinthia Piñeiro Acevedo, tamén da USC, por “Quen son elas? O deporte dende a perspectiva de xénero”.

Te puede interesar