UNIVERSIDAD

Thunders UVigo chega á final dos videoxogos Brawl Stars e Hearthstone

Rubén Novoa e Jorge Iglesias forman parte do equipo.
photo_camera Rubén Novoa e Jorge Iglesias forman parte do equipo.
 Thunders UVigo, o equipo co que a Universidade de Vigo participa na Liga Universitaria de eSports de España, a Amazon University Esports, remata esta semana a competición coándose nas fases finais dos videoxogos Brawl Stars e Hearthstone e facendo un balance moi positivo do seu papel nesta liga, onde tamén competiron en Clash Royale, Counter Strike: Global Offensive, League of Legends e Teamfight Tactics. “Chegamos coas expectativas postas en alcanzar as grandes finais e vaia se o logramos”, comenta Jaime González, coordinador do equipo. Na primeira metade da tempada conseguiron clasificar ao seu equipo de Brawl Stars para a fase final, e na segunda metade uníronse a este logro os equipos de Clash Royale, Counter Strike e o seu xogador de Hearthstone. “Deste modo, convertémonos nunha das catro universidades a nivel estatal con maior número de representantes nas fases finais, xunto á Universidade Politécnica de Valencia, a Universidade Politécnica de Madrid e a Universidade de Barcelona”, indica Jaime González. 
 

Te puede interesar