UNIVERSIDAD

Seminario sobre ó impacto da intelixencia artificial na industria

nnProcesos automatizados e, sobre todo, intelixentes. Este é o paradigma da cuarta revolución industrial, a da Industria 4.0, un proceso transformador que xa está en marcha e que ademais de mudar o sistema produtivo tamén está a provocar importantes cambios no mercado laboral, coa demanda de novos perfís profesionais. Detrás de toda esta transformación está a internet das cousas (IoT), o big data, a intelixencia artificial e outras novas tendencias tecnolóxicas con aplicación nas contornas industriais. Para analizar estes cambios, presentes e inminentes, a Escola de Enxeñería Industrial acollerá o vindeiro mércores 29 de xaneiro unha xornada organizada pola sección española de ISA (International Society of Automation).
Titulada EL IoT, los datos y la inteligencia artificial como corazón en la industria 4.0, será impartida por Juan de la Peña, enxeñeiro informático con máis de dez anos de experiencia no sector da automatización industrial en Siemens e actualmente Sales Specialist IoT & Data & AI Service Solution Professional en Microsoft. Tras a súa intervención terá lugar unha mesa redonda na que participarán representantes do mundo empresarial e académico xunto con Ricardo Fernández, vogal de Actividades da sección española de ISA.
A xornada desenvolverase o vindeiro mércores no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial, na sede campus, a partir das 16.00 horas. Aínda que é unha actividade de balde, é preciso inscribirse.n
 

Te puede interesar