UNIVERSIDAD

Santa Bárbara estrea a festa con dous relatorios

Bienvenido Diez e Manuel Juncal, primeiros relatorios.
photo_camera Bienvenido Diez e Manuel Juncal, primeiros relatorios.
A Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía celebra dende onte a festa da súa patroa, Santa Bárbara con actividades culturais, lúdicas, deportivas e tamén gastronómicas organizadas pola Delegación de Alumnado. Nas próximas semanas terán lugar varios relatorios que teñen como finalidade "dar a coñecer máis de preto as investigacións que realiza do profesorado da escola". A primeira tivo lugar onte cos profesores José Bienvenido Diez e Manuel Juncal. Pero unha das citas máis senlleiras da celebración é a carreira popular Santa Bárbara, que este ano chega á súa décima edición. A probra terá lugar o vindeiro 29 de novembro ás 12.30 horas nas instalacións deportivas do campus vigués e, para participar, a inscrición pode facerse ata o 22 deste mes a través da plataforma deporxest. Un día antes será a churrascada popular. O cartel complétase coas competicións numerosas deportivas os días 28 e 29.
 

Te puede interesar