UNIVERSIDADE

Salustiano entra na galería

Salustiano Mato descubríu o seu retrato,  xunto a Alfonso Costa e actual reitor, Manuel Reigosa e dous antecesores: Luis Espada e Domingo Docampo.
photo_camera Salustiano Mato descubríu o seu retrato, xunto a Alfonso Costa e actual reitor, Manuel Reigosa e dous antecesores: Luis Espada e Domingo Docampo.

O seu retrato, feito por Alfonso Costa, ven a completar a exposición dos reitores de Vigo

nnn O retrato de Salustiano Mato ven a completar a galería de reitores da Universidade de Vigo. Así, onte descubríuse a obra do pintor noiés Alfonso Costa, elixido polo propio catedrático para inmortalizar a súa imaxe cunha visión artística. Súmase aos lenzos de Luis Espada, realizado por Antón Pulido; José Antonio Rodríguez Vázquez, a cargo de Juan Fernando de la Iglesia; Domingo Docampo, do falecido Manolo Moldes e Alberto Gago, de José Lillo. Costa é autor tamén da cápsula do tempo, coa que a Universidade de Vigo conmemorou o seu 25 aniversario.
Acompañado polo actual reitor, Manuel Reigosa, e o seu equipo, colaboradores dos seus anos de goberno, así como doutros membros da comunidade universitaria, Salustiano Mato, agradeceu na súa intervención “un momento como este no que se reflicte a honra que teño por ter merecido a confianza de dirixir esta institución durante varios anos”, ao que engadiu que esta obra, a que se referiu como “moi imaxinativa e colaborativa”,  pasa agora a formar “da pegada que un deixa nesta institución”.
Pola súa parte o autor da obra, Alfonso Costa, explicou que como profesional tentou facer a súa propia versión do homenaxeado. “Nos días de posado descubrín moitos rostros de Salustiano e decidín quedar co que a min me pareceu máis significativo ou, cando menos, co que máis me gustou, o que penso que é a súa versión máis soñadora”, recalcou o autor da obra, quen tamén explicou que realizou múltiples bosquexos e, tras deixalos ‘repousar’ uns días, decidiu quedar con aquel que mellor representaba ao “Salustiano imaxinativo sempre preocupado pola supervivencia do planeta Terra e cuns certos toques especiais”. Nunha imaxe chea de colorido, o retrato ten, segundo o seu autor, dous laterais ben diferenciados, “o dereito é o do mundo, o esquerdo o das ilusións” e está presidido por un amplo sorriso, “tranquilo e relaxado”, do seu protagonista.
O retrato de Salustiano Mato colga dunha das paredes do segundo andar do edificio Ernestina Otero, ao igual que os seus antecesores.n

Te puede interesar