Universidad

Unha ruta do campus premiará as fotografías máis creativas

Universidad

UNIVERSIDAD

Unha ruta do campus premiará as fotografías máis creativas

A Ruta da Cima conta con moitos lugares de interese
photo_camera A Ruta da Cima conta con moitos lugares de interese
 A Área de Benestar, Saúde e Deporte acaba de lanzar unha iniciativa para animar á comunidade universitaria a camiñar polo campus de Vigo seguindo un itinerario que conta coas zonas das mámoas, da devesa e do estanque como puntos principais. A chamada Ruta da Cima está ideada para que calquera persoa poida realizala e ten unha duración máxima de vinte minutos. Alexandre Sanjorge, técnico de Actividades Deportivas, recorda que o traxecto debe facerse individualmente ou en grupo de conviventes. O técnico valora as posibilidades das redes sociais como recursos para promover hábitos de vida saudables e di que as iniciativas propostas nas plataformas dixitais son unha ferramenta indispensable para a súa área xa que, coa situación sanitaria e as restricións perimetrais, non é posible ofertar practicamente ningunha actividade que non sexa federada ou individual. 
Esta iniciativa nace dunha colaboración coa Oficina de Medio Ambiente e os seus principais artífices son os bolseiros da área Luís Lopes e Thomas Clementi, dous estudantes do Instituto Politécnico de Santarem, en Portugal, que este cuadrimestre están en Vigo dentro do Erasmus+ Prácticas.
Os interesados deben completar o percorrido antes do 16 de decembro, subir unha imaxe ou vídeo a Facebook ou Instagram, etiquetar a conta de Muvers e retar a unha amiga ou amigo para que participe no concurso. 
 

Comentarios