UNIVERSIDAD

Recoñecemento mundial á rama de alumnos de Enxeñaría Electrónica

Iintegrantes de la Rama de Estudiantes del IEEE de la UVigo.
photo_camera Iintegrantes de la Rama de Estudiantes del IEEE de la UVigo.
n n n Máis de 400.000 enxeñeiros, científicos, tecnólogos e profesionais dun 160 países integran o Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE), a maior organización profesional e técnica do mundo. Desde o pasado mércores e ata onte a sección española do IEEE celebra en liña as Jornadas IEEE Day 2020, nas que, cun especial protagonismo para as consecuencias que a covid está a ter na docencia e no ámbito da enxeñaría, docentes e estudantes abordan cuestións como programa de acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios; o novo modelo conceptual de transferencia de coñecemento; o doutoramento industrial como proxecto de investigación industrial o estado da industria 4.0 en España ou as experiencias e casos de éxito das ramas IEEE de estudantes. Pero máis aló dos relatorios, as Jornadas IEEE Day 2020 tamén foron o escenario da entrega de premios e recoñecementos para os seus membros, como é o caso da Rama de Estudantes do IEEE da UVigo que recibiu o premio á Mellor Rama de Estudantes do ano 2020, polo seu compromiso cos obxectivos do Instituto de Ingenieros Eléctricos y Electrónicos de desenvolvemento educativo, persoal, profesional e técnico. Miguel Salvatierra, presidente da Rama do IEEE da UVigo, agradeceu o galardón, destacando que “un dos puntos positivos da nosa rama é que nos gusta o que facemos e disfrutamos con elo e recibir o premio motívanos a seguir porque o esforzo está recompensado”. Salvatierra, que tivo ocasión de expoñer nun relatorio a dinámica de funcionamento da rama e explicar os proxectos, cursos e obradoiros nos que participan, tamén agradeceu na súa intervención a confianza depositada neles por parte dos novos membros da rama, que xa conta con representación do Women in Engineering (WiE).
Nunhas xornadas marcadas no seu desenvolvemento pola pandemia, a covid tamén está a centrar algunhas das intervención dos relatores, como é caso da do director de Estudos de Grao da UVigo, Alfonso Lago Ferreiro e na que tamén participaron representantes da UNED e das universidades Politécnica de Madrid, Carlos III e Alacante. Neste panel, Lago expuxo a experiencia da UVigo durante o confinamento e as solucións propostas para o desenvolvemento do curso 2020/2021, destacando o esforzo realizado por todos os sectores no período de confinamento para que a universidade non parase, así como as liñas seguidas, “axudas contra a fenda dixital, novas bolsas específicas covid, funcionamento do Campus Remoto e Aulas Integra”, detallaron.

Te puede interesar