UNIVERSIDAD

Nace Boeing Lab para potenciar a formación aeroespacial

A presentación do Boeing Lab, froito da colaboración.
photo_camera A presentación do Boeing Lab, froito da colaboración.
n n nUniversidade de Vigo e Boeing celebraron a inauguración do Boeing Lab e a entrega de premios aos mellores traballos fin de grao do alumnado da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. O laboratorio nace co obxectivo de potenciar a formación no sector aeroespacial en Galicia. As dúas iniciativas son froito da colaboración destas dúas entidades a través dun convenio de colaboración e no marco dun proxecto financiado pola Xunta.
Durante a inauguración do laboratorio e a entrega de premios, o reitor Manuel Reigosa destacou como este laboratorio e os premios son unha mostra dos bos resultados que ofrece a colaboración público-privada. “Estamos moi satisfeitos con estas iniciativas e cos resultados acadados”, afirmou o reitor. Do laboratorio, Reigosa recalcou o seu interese para a formación do alumnado en materias aeronáuticas. Igualmente, felicitou ao alumnado premiado polos seus traballos e expresou o orgullo que supón para a institución académica contar xa coa primeira promoción de tituladas e titulados en Enxeñaría Aeroespacial, da que os premiados forman parte. Neste senso, Humberto Michinel, director da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, recalcou o compromiso deste centro con ofrecer ao sector “o talento mellor formado”. Pola súa banda, Francisco Conde, vicepresidente segundo da Xunta, dixo que Boeing Lab será unha peza clave no desenvolvemento da industria aeroespacial de Galicia, ademais de “unha oportunidade única para o alumnado”.

Te puede interesar