UNIVERSIDAD

Mulleres da UVigo analizan a identidade feminina con arte

A mostra “Identidades Latentes” exponse no Museo do Mar ata o 6 de decembro.
photo_camera A mostra “Identidades Latentes” exponse no Museo do Mar ata o 6 de decembro.
O Museo do Mar acolle u mostra colectiva con dez propostas con perspectiva de xénero
nnn A perspectiva de xénero chegou ao Museo do Mar cunha proposta expositiva. Onte abriron as portas de “Identidades Latentes”, que  comisariada pola profesora do departamento de Debuxo, Ana Seoane e a artista Neves Seara, estará en sala ata o 6 de decembro. É unha mostra colectiva de artistas vencelladas á Universidade de Vigo: Bibi Martín, Teresa Búa, Melania Freire, Mar Ramón, Silvia García, Rebeca Fogar, Itziar Ezquieta, Lisi González e Anubis Muñoz. 
A través de dez pezas en formato de instalacións, pinturas, esculturas e fotografías analiza as identidades de xénero. Xurden puntos comúns como o concepto de memoria, intimidade, lembranza ou esquecemento usados por Silvia García e Itziar Ezquieta. 
Doutra banda, as fotografías e a escultura que expón Mar Ramón constitúen ligazóns ou conversacións entre os obxectos domésticos e os corpos.    
A montaxe conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, polo que Ana Seoane e Neves Seara apostaron nesta mostra polo emprego da lingua galega en todos os textos relacionados co proxecto: “No ámbito das Belas Artes o galego presenta un uso moi baixo, tanto nas facultades como na maioría das artistas consagradas”. 
Son varias as creacións que abordan a identidade galega desde perspectivas autobiográficas e antropolóxicas. A egresada Melania Freire establece un paralelismo entre o traspaso xeracional ou familiar e o uso do pano tradicional, unha peza feminina que, como no caso dos mandilóns empregados por Rebeca Lar, homenaxea á cultura popular, “ás nosas amigas, irmás, nais e avoas”. 
A perspectiva de xénero caracteriza a maioría dos traballos das creadoras de Identidades latentes. A artista Mar Ramón sinalou a pertinencia dos actos culturais reivindicativos nestas datas e destaca que “moitas das obras falan da violencia contra a muller en maior ou menor medida”.  
Ezquieta, de Didácticas Especiais, o proxecto supón un reencontro consigo mesma e coa súa produción despois dun tempo no que deixara abandonada a práctica no taller. Considera amais que a súa obra, formada por siluetas e sombras de figuras fragmentadas, encaixa moi ben coa proposta expositiva, xa que o seu fío condutor é “a procura constante de significados sobre a subxectividade, a vida e os porqués do estar e do ser”.
Silvia García, docente do Grao en Belas Artes, a mostra permite “dialogar coas pezas doutras mulleres e ofrecer un retrato coral onde se plasma a nosa identidade como artistas en permanente construción”.
Outra das participantes, Mar Ramón, estudante de doutoramento de Belas Artes, explica que se trata dunha exposición que “deixa espazos para diferentes visións dunha temática”  que permite abordar de distinto xeito a problemática da identidade”.n

Te puede interesar