UNIVERSIDAD

Montero, elixido decano de Filoloxía, afronta o reto da reforma dos graos

José Montero Reguera.
photo_camera José Montero Reguera.
n n n A reforma dos tres graos que se imparten na facultade, a certificación do centro e a posible implantación dun grao aberto. Estes son os tres grandes retos aos que se vai enfrontar o novo equipo decanal da Facultade de Filoloxía e Tradución, un equipo liderado polo catedrático de Literatura española José Montero Reguera, elixido este martes novo decano do centro por 54 votos a favor, 12 en contra e 11 en branco, entre eles os do alumnado, que decidiu non tomar partido e deixar a elección en mans do profesorado e do persoal de administración e servizos. “Temos diante de nós moito traballo por facer, moitas tarefas enriba da mesa, incluíndo o día a día dunha facultade grande, complexa e soa no eido das humanidades en Vigo”, recalcou o xa novo decano.
“Queremos sacar adiante os procesos de reforma de graos que temos enriba da mesa, xestionar o día a día dun centro grande coas súas complexidades e dificultades, e, sobre todo, por medio do diálogo e do respecto, amosar a nosa vontade de facer chegar á sociedade o moito traballo e investigación que facemos; en definitiva, amosar á nosa contorna, dentro e fóra da nosa Universidade, a necesidade dos nosos estudos e dunha Facultade de Filoloxía e Tradución no sur de Galicia”, recalcou Montero.
Acompañarano nesta tarefa a profesora titular de Lingua Española, Inmaculada Anaya, como vicedecana de Comunicación, Captación e Diversidade; María Seijas, profesora titular de Historia Moderna, como vicedecana de Calidade; Xosé Soto, profesor titular de Filoloxía Galega, como vicedecano de Organización Académica e Profesorado; Beatriz Rodríguez, profesora contratada doutora de Tradución e Interpretación, como vicedecana de Relacións Internacionais, e Miguel Cuevas, profesor contratado doutor de Lingua Española, como secretario do centro. Trátase dun equipo paritario, “que mestura xuventude e experiencia, con longas traxectorias xa como xestores e investigadores, con gañas de traballar e ilusión por afrontar os retos aos que se enfronta o centro e a universidade de hoxe”.n
 

Te puede interesar