UNIVERSIDAD

I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego

 nnn O mundo da tradución ten este sábado unha cita importante en Santiago coa celebración da I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego, un evento organizado pola Asociación Galega de Xermanistas coa colaboración das universidades de Santiago e Vigo e no que van participar investigadoras e profesionais da tradución cunha ampla traxectoria. Trátase de “reflexionar ao redor do proceso e o mercado da tradución literaria en Galicia e en galego a partir da lingua e cultura alemá”, explica unha das organizadoras, Silvia Montero, investigadora do grupo Bitraga-BiFeGa da UVigo. Tamén forman parte do comité organizador a investigadora viguesa Patricia Buxán; David A. Álvarez, da Asociación Galega de Xermanistas e a profesora de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC, Rosa Marta Gómez. Nesta primeira edición preténdese ofrecer unha visión do estado actual da tradución de literatura alemá ao galego e reflexionar sobre o proceso da tradución, así como tamén visibilizar, recoñecer e impulsar o labor tradutolóxico en galego.n
 

Te puede interesar