vigo

Expertos din que o galego segue a ser en Moaña “a lingua do mar”

UNIVERSIDAD
photo_camera UNIVERSIDAD

Polo seu baixo índice de envellecemento, pola súa proximidade a Vigo, unha das cidades máis castelanizadas de Galicia, pola presenza do galego tradicional e pola súa rápida e fonda transformación social, o concello de Moaña presenta unha situación sociolingüística dinámica.

E por estes motivos investigadores da Universidade de Vigo a través da Área de Normalización Lingüística escolleron este municipio para realizar un estudo sobre a lingua e a sociedade da vila e unha guía didáctica sobre os procesos sociolingüísticos. O traballo foi presentado o mércores no salón de plenos do Concello de Moaña por Fernando Ramallo, director da ANL da Universidade de Vigo e Martín Vázquez, investigador responsables do estudo xunto con Rubén Moralejo.
Segundo explican, As familias moañesas reducen o uso do galego na fala cotiá cos seus descendentes, especialmente, os máis maiores, avós e avoas, que falan moito menos galego cos seus netos e netas que no seu día a día. Con todo, os investigadores tamén detectaron que hai ámbitos nos que aínda prevalece o galego como lingua principal, sobre todo aqueles relacionados cos sectores tradicionais, como a pesca e o marisqueo, moi presentes na Moaña actual. De feito, “o galego segue a considerarse polos moañeses e moañesas como a lingua do mar, mentres pola contra vai perdendo presenza en favor do castelán e doutras linguas conforme imos ascendendo na escala social do sector”.
A iniciativa conta co poio da Deputación de Pontevedra.n
 

Te puede interesar