UNIVERSIDAD

Editan un Dicionário de Zoologia e Sistemática dos Invertebrados

O profesor  Carlos Garrido coa súa obra.
photo_camera O profesor Carlos Garrido coa súa obra.
Con 60.000 termos en galego-portugués, español, inglés e alemán, e preto de 7000 definicións conceptuais redixidas en galego-portugués, o Dicionário de Zoologia e Sistemática dos Invertebrados é un dos maiores dicionarios terminolóxicos do seu xénero. A publicación, obra do profesor do Departamento de Tradución e Lingüística Carlos Garrido e editada pola Universidade de São Paulo, ofrece “información terminolóxica e conceptual sobre nocións sobre morfoloxía, embrioloxía, fisioloxía, ecoloxía, filoxénese, diversidade, sistemática e nomenclatura de protozoarios e invertebrados”, como puntualiza Garrido. 
O seu autor sinala que, ademais do interese para tradutores e estudantes, docentes e investigadores do campo da bioloxía, este repositorio terminolóxico “é un óptimo testemuño do gran valor que ten o galego para comunicar nun ámbito internacional, xa que a publicación, escrita en galego-portugués do Brasil, foi concibida a partir dun galego de calidade, coordinado co o luso-brasileiro”.
O profesor Garrido tamén destaca que a publicación deste dicionario no Brasil, máis aló dun éxito persoal e unha mostra da importancia que ten o galego para a comunicación co amplo mundo de investigadores, docentes e estudantes universitarios de expresión portuguesa, é “un verdadeiro triunfo colectivo do reintegracionismo galego”.n
 

Te puede interesar