UNIVERSIDAD

Docentes de seis países deseñan unha mellora para a inserción laboral

A xuntanza mantida onte na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións de Vigo.
photo_camera A xuntanza mantida onte na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións de Vigo.

Ademais da formación académica, técnica e teórica, relacionada con cada grao, as empresas demandan cada vez máis certo tipo de coñecementos que os egresados non adquiren nas aulas. Son as chamadas competencias transversais ou soft skills, as que axudan a transformar o coñecemento en comportamento, como por exemplo a capacidade de traballar en equipo ou o pensamento crítico. Para dotar ao alumnado universitario deste tipo de formación, universidades e centros de investigación de seis países uníronse no proxecto Erasmus + Unifors, no que España está representada pola Universidade de Vigo a través da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. O obxectivo desta iniciativa é aumentar as posibilidades dos estudantes de ter unha inserción máis rápida e mellor no mercado de traballo, potenciando as súas ‘soft skills’. Para facelo, as entidades implicadas levan varios meses traballando, como explica o director da EET, Íñigo Cuiñas, “no deseño dun curso de formación en competencias transversais nos empregos dos próximos años”. 

Os contidos deste curso están xa definidos e, ao longo desta semana, os socios do proxecto están no campus de Vigo realizando unha proba completa dos materiais preparados nas diferentes universidades implicadas, pero en lugar de estudantes, está sendo impartido a docentes. Unha vez testados os contidos, está previsto que o curso se imparta a alumando de cada unha das universidades implicadas entre os meses de abril e maio. Para chegar a este punto, as entidades que impulsan Unifors levaron a cabo un profundo estudo e recolleron as mellores prácticas existentes na UE. Comezouse realizando unha serie de enquisas entre alumnado e empregadores de cinco países diferentes (Bélxica, España, Polonia, Portugal e Romanía) para identificar cales das competencias transversais categorizadas nun proxecto anterior. Obtivéronse máis de 700 respostas de estudantes e 400 do tecido empresarial e, en base a elas, seleccionaron as oito competencias que se van impartir no curso de Unifors: xestión do tempo, traballo en equipo, creatividade, pensamento crítico, pensamento analítico, resolución de problemas, comunicación e toma de decisións. 

Te puede interesar